Portada
De Resoancias
TALLER SOBRE CINEMA
Taller que ofrece o Teatro Resoante a institucións pedagóxicas e culturais a través de Universidade Invisíbel. Trátase dun taller teórico-práctico no que ademais de catalogar o cinema e as súas imaxes visionaremos extractos de filmes e traballaremos con ferramentas web (mediawiki) para desenvolver paralelamente foros i espacios de discusión e debate sobre o visto. O propósito é sempre permitir incluso esixir ese vínculo entre cinema ou imaxe e pensamento i escrita (discurso) de tal modo que un inflúa e produza sobre o outro nunha sorte de circuito audiovisual-discursivo interactivo.Podes consultar as seguintes cuestións.
Podes descargar aquí o dossier completo en pdf mais o flyer do obradoiro
Índice |
[editar] escolas e movementos
Mentres as escolas clásicas son bastante diferenciadas e determinadas, as modernas e contemporáneas sofren máis influencias mutuas e interaccións, son máis inclasificábeis. De feito, vemos competitividade e esforzo por diferenciarse no caso das escolas clásicas, mentres que vemos colaboracións e referencias mutuas nas escolas posteriores.
- as escolas clásicas son:
realismo americano - dialéctica soviética - mecanicismo francés - expresionismo alemán
- outras escolas posteriores son:
naturalismo - neorrealismo italiano - nouvelle vague francesa - cinema-ollo -cinema-verdade - cinema dos corpos - cinema cerebro - cinema-abstracto
[editar] supostos técnicos
Aqueles que crearon e determinaron a espeficidade do cinema en relación con outras artes e técnicas. Tamén os que posibilitan e determinan o paso do cinema clásico ao cinema moderno e contemporáneo.
[editar] conceitos
Os que nos permiten pensar a imaxe e referirnos a ela teoricamente, filosoficamente. Os conceitos da imaxe-movemento corresponden á etapa clásica do cinema mentres que os da imaxe-tempo corresponden á moderna e contemporánea.
- Respecto da imaxe-movemento:
imaxe-movemento - imaxe-percepción - imaxe-afección - imaxe-pulsión - imaxe-acción
- Respecto da imaxe-tempo:
imaxe-mental - imaxe-relación - imaxe-tempo - imaxe-soño - imaxe-cristal - cronosigno - xenesigno
[editar] cineastas clave
Qué aportou cada un, individualmente, á evolución da imaxe e da súa significatividade:
| Artaud | Antonioni | Bergman | Bresson | Buñuel | Eisestein | Fellini | Godard | Griffith | Hitchcock | irmáns Marx | Kubrick | Kusturica | Lang | Pasolini |
| Renoir | Resnais | Rouch | Rossellini | Vertov | Vigo | Visconti | Welles |
[editar] bibliografía
- Artaud, A. El cine, ed. Alianza. (Colección de ensaios do autor sobre o cinema).
- Badiou, A. Imágenes y palabras, ed. Manantial.
- Bresson, Robert. Notas sobre o cinematógrafo, ed. Ardora.
- Cabrera, J. Cine: 100 años de Filosofía, ed. Gedisa.
- Deleuze, G. La imagen-movimiento, ed. Paidós.
- Deleuze, G. La imagen-tiempo, ed. Paidós.
- Piretto, Piero G. Il Radioso Avvenire. Mitologie Culturali Sovietiche, ed. Einaudi.
[editar] enlaces externos
- O Teatro Resoante Proxecto Innovación Pedagóxica do que xorde este taller e no que se desenvolve a idea da performance como resultado ou evolución "natural" da imaxe-tempo no contexto plenamente contemporáneo. Profundiza tamén a relación cinema (ou imaxe) e Pensamento; sobre todo na súa primeira produción, A caverna de Platón.
- On/Off Deleuze Blog no que se recolle un seminário sobre cinema i enlaces interesantes sobre Deleuze.
- La Imagen Cristal Espacio sobre Deleuze, a esquizoanálise, o cinema, o desexo nómada.
- Ver y pensar el cine con G. Deleuze (Análisis de algunos textos fílmicos) Curso da Facultade de Filosofía da Universidade de Educación a Distancia UNED.
- El cine como experimentación filosófica Entrevista con Alain Badiou sobre cinema e pensamento en Antroposmoderno, Revista de Filosofía na rede.
- The Pervert's Guide to Cinema 1/14 Primeira parte dunha completa guía de 14 capítulos nos que o filósofo e psiqueanalista esloveno Slavoj Zizeck fala sobre cinema. Sabemos da obra crítica e provocativa de Zizeck respecto a Gilles Deleuze.
- La imagen del pensamiento en Gilles Deleuze; Tensiones entre cine y filosofía Artigo publicado na rede na Revista Observaciones Filosóficas.
- El lenguaje y el cine en Gilles Deleuze Artigo publicado no portal Autorneto, adicado en xeral a arte e comunicación.
- Filomatrix páxina na que se relacionan os contidos do filme Matrix con contidos filosóficos acerca da realidade, empirismo/subxectivismo, etc.
- Olho Livre para unha sociedade libre. Comunidade de acción e creación en torno ao dixital na Galiza. Ofrecen diversos talleres e obradoiros audiovisuais en relación coa edición, o streaming, o software libre, etc. Tamén producen documentais en torno a temáticas sociais.
- guionistas Dorianos blog técnico sobre cinema: guión, montaxe, etc.
- Fluid video crew equipo de documentalistas independentes dende Roma.
- Teoria da Imagem Ensaio de Man_Hauser acerca da constitución, produción, aparición da imaxe virtual (a imaxe-tempo) así como a súa relación coa Performance, o imaxinario, etc.
