Obxectivos
De Resonancias
Poderiamos sinalar un obxectivo xeral de todo o taller como o intento de :
- fomentar un espacio interactivo de cinema e discurso, de tal sorte, que ambos se retroalimentan e se reinterpretan continuamente o un á luz do outro.
Máis especificamente poderiamos concretalos en:
- Proporcionar unha serie de conceptos-clave para pensar a orixinalidade e evolución do cinema.
- Amosa-la relación do cinema co acontecemento e a súa importancia no século XX; sobre todo coas Guerras Mundiáis.
- Contrastar as nosas explicacións cos materiais audiovisuais correspondentes.
- Suxerir liñas de investigación e proxectos contemporáneos que continuen a desenvolver a potencialidade do cinema e da imaxe.
