Lang

De Resonancias

Quizais, o grande mestre do terror e o expresionismo no cinema clásico, a carreira de Lang vese marcada sen embargo por certa errancia. Esta é: a que o leva da súa alemaña natal ao outro continente: a producir cinema americano en Hollywood. I esta será unha etapa dubidosa; cun éxito relativo, que nos fai pensar precisamente sobre o xenuino do cinema europeo e as súas aportacións propias. O cinema americano trata de introducir a través de Lang un estilo que se cabe, en Alemaña tiña outra impronta. Quero dicir: propiamente non podemos falar de terror sen máis cando falamos de expresionismo alemán, ou polo menos tal como se entenderá despois o terror, sobre todo tralo desenvolvemento (comercial) que de el fará Hollywood. Pois o expresionismo alemán estaba vencellado a unha concepción profunda, case metafísica, de loita de contrarios, dialéctica, o seu pulo no infinito, as luces contra as sombras, e con elo, a propia cinematografía, convertíase en concepción case cosmolóxica, en paradigma de coñecemento trascendental, na agonía da luz e no seu límite coa escuridade. Cuestións de límites, romanticismo renovado, posíbel na superficie da pantalla. Parece que Hollywood fai disto, sen embargo, algo meramente sensacionalista, un terror de exclusiva superficie, de impacto, alén da profundidade do expresionismo, da súa implicación dos contrarios, a conservación dos dous polos ainda no vértice da fuga...

Ferramentas persoais