Bergman

De Resonancias

Case inaugura a imaxe-mental ou imaxe-tempo a través dos rostros e os primeiros plan(o)s tan decisivos na súa obra. Como sabemos rostros e primeiros plan(o)s conforman a chamada imaxe-afección onde propiamente se expresa o in-efectuábel nas accións mesmas. Desta maneira o rostro ou primeiro plan(o) ten unha relación directa co todo do filme, coa súa idea, e na medida na que se leva a atención ao mesmo, prescindimos da imaxe-acción como tal e tendemos a relacionarnos directamente, proporcionamos unha imaxe-mental. Bergman está moi preto de filmar xa o pensamento mesmo. Os seus filmes son practicamente o desenvolvemento destes, e non outra cousa.

Persona Bergman.

Persona 2 A grieta interior á beleza; no interior dun mesmo, no interior da máscara, a grieta da personalidade, o enigma do rostro. A crise do pensamento mais tamén a súa potencia ao abrirse a súa fractura. Crise de Europa. Que pasa en Europa?

Vergoña Neste filme Bergman tamén se sitúa na postguerra; o que aporta unha visión cercana ao neorrealismo italiano ou á nouvelle vague francesa mais ao tempo diferenciada das mesmas.

"Bergman levou até o seu límite o nihilismo do rostro, é dicir, a súa relación no medo co baleiro e a ausenciz, o medo do rostro fronte a súa nada. En toda unha parte da súa obra Bergman alcanza o limite supremo da imaxe-afección, queimando o icono, consumindo e extinguindo o rostro coa mesma contundencia que Beckett" Deleuze, Estudos sobre cinema, A imaxe-movemento.

Ferramentas persoais