Login Form



Translator



Imaxe e Acontecemento PDF Print E-mail
xeral - VJ Historia do Cinema

teatro RESOANTE presenta dentro do ciclo de Debates Experimentais de Universidade Invisíbel Imaxe e Acontecemento. Estudos sobre cinema. A sesión terá lugar este xoves 26 de marzo no Salóno de Graos da Facultade de Socioloxía da UdC ás 12:30 H.

A sesión será a 5º dentro da rolda que Universidade Invisíbel desenvolve con estos Debates Experimentais: Debate Experimtenal é un dos grupos autónomos que se coordinan dentro da Universidade Invisíbel. A súa experimentación apunta cara dous obxectivos: a experimentación con modelos de “docencia alternativa” e a experimentación conceptual coas teorías contemporáneas.

O primeiro vector apunta cara unha forma pedagóxica e institucional alternativa, que lonxe de continuar nos esquemas burocráticos, aposta pola forma da “adhocracia”. Para entendernos, a Wikipedia sería á Enciclopedia o que a adhocracia á burocracia. Por adhocracia enténdese a organización dunha rede de prácticas que critican e problematizan os distintos estriamentos e xerarquizacións. Nas adhocracias a autoridade non é máis que circunstancial. Unha persoa/colectivo transforma o seu rol en resposta a un problema concreto, segundo a súa capacidade, vontade e coñecementos. Neste senso, a docencia alternativa que practicamos fuga dos modelos burocráticos. No Debate Experimental a docencia escapa dos títulos en propiedade. Calquera pode devir docente independentemente de cal sexa o seu título. Finalmente, a actividade docente termina por sumerxirse no colectivo, nun debate cara-a-cara precedido e continuado por un proceso de producción de coñecementos colectivos e colaborativos on-line.

Este proceso e ensaio adhocrático toma para si o territorio do emerxente. O noso interese é discutir e redefinir, ensaiar e traficar coas teorías críticas contemporáneas. Con isto tentamos reartellar e reactualizar o pensamento en torno a distintas cuestións: arquitectura social, filosofía política, antropoloxía, arte e cinema, modos de goberno e de resistencia, etc.

 

Newsflash