Login Form



Translator



workshop videodanza PDF Print E-mail
xeral - tar0t esquizoanAlise
Tuesday, 03 September 2013 00:00

Workshop desenvolto durante o XX Festival Revoltallo en Valladares (Vigo) en colaboración con Alg-a Asociación. Nesta escena a performer habita o espazo escénico dunha escena anterior, na que outra performer intervía en relación a videos previos con pautas diferentes. Neste espazo videovixiado que se xera, xorden lóxicas de non retorno, captura de xestos e signos que marcan un devir determinado ao tempo que abren a posbilidade da súa trangresión máis radical e inmediata. Tal como defendeu G. Deleuze, a repetición é se cabe a forma máis xenuina de diferenza, alí onde a diferencia se dá de modo inmanente. A repetición pon en cuestión a lei, fuxe da lóxica arborescente categorizada segundo relacións verticais de xénero, subxénero, etc. para entrar nunha relación directa, horizontal neste senso, de contaminación, contaxio, donación; na que o xerativo deixa de ser filial e pasa a ser derivado. Como aparece no video "a repetición é máis posíbel debido ao miragre que á lei".

workshop videodanza from man_hauser ii on Vimeo.

Last Updated on Tuesday, 03 September 2013 13:49
 

Newsflash