Login Form



Translator



o concepto de arquivo en esquizoanAlise PDF Print E-mail
xeral - tar0t esquizoanAlise
Saturday, 14 April 2012 00:00

 

Destacamos o emprego do ARQUIVO en Esquizoanálise, tanto a nivel conceptual, como de facto, a nivel performático e artístico. trabállase con arquivos a un dobre nivel:

por unha banda polo feito produto/proceso: trátase dun Laboratorio, que como tal, non é un produto pechado, non se representa nada, non hai unha forma "correcta" de facer as cousas, de entrar en escena, na cámara; se entra a probar, a experimentar unha serie de sensacións/mecanismos e a potencialidade do(s) corpo(s) sen órganos ao respeito. Sen embargo, por outra banda, esa proba-experiencia, convértese no momento, nunha emisión-composición de sentido, que profundiza nun arcano (en cada un deles) e polo tanto a propia experiencia é un resultado. Digamos que producimos arquivos: arquivos audiovisuais de streaming, como marcas, pegadas dun Laboratorio; nos que a interactividade en directo fai que a súa vez, estes arquivos teñan unha lectura total ou escénica, unha lectura de produto e non só de ensaio ou proba.

 

  • o problema aquí é efectivamente entender estos arquivos audiovisuais que se forman co streaming, precisamente así, como arquivos: rexistros dun acontecer continxente (que podería ser doutro modo), facticidade en xogo, composta de non outra cousa que diso: marcas, signos, detalles digamos. Non hai outra cousa: "os signos son os verdadeiros elementos do teatro" Deleuze. E sen embargo, a través do arquivo, e deste estricto "empirismo" accedemos ou temos posibilidade do virtual, do artístico e case que da miragre: "A repetición é máis debido ao miragre que á lei". Do que se trata é de que os signos se liberen, se solten, se independicen, se emancipen: dunha suposta substancia, unidade, identidade que sería soporte dos seus atributos. A esquizoanálise é como unha especie de contra-metafísica; non existe o SER a Unidade, ou polo menos, non existe como algo subiacente en-si aos signos que a comporían.

 

por outra banda, dentro do propio proxecto Esquizoanálise Lab (Laboratorio de Esquizoanálise) pomos en xogo o concepto de arquivo, empregamos o arquivo como elemento xerador e creativo de escenas e incluso soporte imaxinario. Algunhas escenas en concreto son gravadas ao tempo que emitidas para que logo @s performers traballen sobre/con ese material. Unha impro feito sobre certo imaxinario, idea, pauta… que é en principio libre e continxente, é gravada e emitida dentro da cámara, mediante visuais, a modo de arquivo sobre o que traballar. Aquí cobra especial relevancia o feito de que o arquivo non quere dicir simplemente documento pechado. O arquivo fai referencia a unha superficie de datos, de marcas, de rexistros fácticos, desposuídos dunha pertenza causal-necesaria a un espazo-tempo, desposuídos dunha xenealoxía das ideas ou da historia da que xorden. Os arquivos son contra-históricos, no sentido de que atentan contra unha idea de Historia (maiúscula) liñal e xerada por causa-efecto, progreso, etc. Os arquivos deberían debuxar, trazar, os planos dos Acontecementos xurdidos ao marxe dos axenciamentos macrohistóricos, macropolíticos, metafísicos… e vislumbrar polo tanto todos eses territorios residuais que xorden ao marxe.

 

  • Foucault (Arqueoloxía do saber) traballa especialmente o concepto de arquivo fronte á historiografía de Heidegger, que segue dependendo como a de Hegel, dunha idea da Historia e do Tempo con maiúsculas, sigue introducindo na historia un telos, e unha idea das épocas históricas, unha finalidade/orixe de articulación/trascendencia dos acontecementos segundo o cal ocorren e acontecen. O concepto de arquivo e arquivismo vai contra esta subordinación dos acontecementos a unha idea/fin/orixe, e os debuxan/amosan na súa inmediatez fáctica e continxente.
  • Do mesmo modo, a Esquizoanálise leva este concepto ou forma de estudo ao persoal, á psique e á subxectividade. Non hai unha escena arquetípica que se repite na mente: no desexo; que sería a escena de Edipo segundo a psicanálise. Pola contra, hai aconteceres, devires moleculares, que prescinden da forma molar de organización. Espectros, pantasmas, máscaras… mais sen actores/identidades que as porten e que estarían tras deles. Digamos que os obxectos parciais da psicanálise, que Lacan xa outorgaba certa autonomía e independencia respeito dun suposto trauma ou falta de satisfacción sexual, a esquizoanálise as libera xa totalmente, emancipa estes obxectos respecto dunha unidade do desexo entendida sobre todo como falta, carencia, imposibilidade, etc. como fai a psicanálise.

 

Mais sobre todo, o concepto de arquivo debería afectar á noción de memoria. Que memoria xorde ou se dá a través dos arquivos, a diferencia das técnicas de documentación históricas, que supostamente, operaron até o de agora? Efectivamente, hai unha diferenza notábel e incluso clave, decisiva, transformadora. Xa non podemos recordar exactamente o que pasou nun acontecemento; ainda tendo un arquivo do mesmo. O acontecemento como tal é inconmensurábel, está poboado por tal multiplicidade de perspectivas que non cabe dicir: "pasou isto". Do que se trata é de baleirar do horizonte dos acontecementos unha suposta unidade de subiunción dos mesmos; e pola contra entendelos como unha potencia sempre por desenvolver, nunca consumada. Se trata ao cabo de que a historia se faga ao mesmo tempo que se le, ve ou consulta; e que non pese sobre nós como unha lousa, como un estrato de acontecer xa pechado, finiquitado, sen capacidade de interacción, etc.

• Recordar: xa non podemos recordar o que pasou en tal ou tal outro acontecemento arquivado. Xa non podemos pórlle un nome, un enunciado que o determine e que subiugue as súas partes. Xa non o podemos considerar como algo pasado sen influencia no presente. Pola contra, o pasado segue aberto, o arquivo segue dando qué facer, qué pensar. Non podemos recordalo de forma pechada, senón aberta, ainda está acontecendo; e seguramente, canto máis tratemos de axencialo e subsumilo, máis liberará súa potencia ainda non efectuada. Contra a memoria a longo prazo, que recorda particularidades obxectivamente e a distancia, hai unha memoria a curto prazo, un ve ja vi, unha sorte de intensidade e de imaxe sen rostro, que nos posúe, e que nos debería dar as claves do que significa e é o arquivo, e de cómo poderiamos facer arquivos e non documentos.

 

 

Last Updated on Saturday, 14 April 2012 16:21
 

Newsflash