Login Form



Translator



imaxinario PDF Print E-mail
xeral - tar0t esquizoanAlise
Friday, 06 April 2012 12:07

1. LUME

A carta do mago enuncia “o comenzo, e inicio dunha etapa. Está conectado co infinito, na mesa posúe os catro elementos, e coa varita na súa man os transforma, ou sexa é o poder para trasformar os elementos que posuímos nós. Á mesa fáltalle unha pata, elo amosa o sutil do mago, xa que nós vivimos en tres dimensións pero non logramos ver a cuarta dimension, ésta está oculta. O Mago, somos nós cos pés na terra e a cabeza conectada co infinito. Representa: axilidade mental, transmutación, capacidade de transformar os elementos segundo a nosa necesidade. A clave do mago é: Inicio e transformación. Está rexido polo planeta Mercurio“. Agora ben, podemos pensar cómo se exerce este dispositivo. Dicir e ver. Ver e dicir. Cabe unha hermenéutica deste dispositivo? Ou ben a hermenéutica mesma crea de por si un novo dispositivo, transforma os mecanismos de enunciación e os abre a novos campos, territorios, escenas ainda por pensar?

01- máquina abstracta from man_hauser ii on Vimeo.

 

Destacar primeiro cómo a carta é unha escena: unha situación, unha tensión e incluso unha acción dentro desa tensión-situación. Como interpretar a carta? Sobre todo cando o que acontece nela é xustamente o invisíbel, así como a transformación, a acción dentro da carta. Se cabe a carta é unha performance; pero non meramente comunicativa, senón tamén material. Dende outro punto de vista tamén está a cuestión da relación de subordinación entre imaxe-acción e imaxe-tempo nesta imaxe.

 

 

A elocuencia, a axilidade mental, o inicio, a transformación: a vara como atravesando o plano; a EMISIÓN DE PARTÍCULAS sobre a mesa. Os catro elementos. O Todo. A diáspora. Que é o que prima na imaxe respecto a relación imaxe-acción/imaxe-tempo? Que nos dá como resultado?

 

Quizais poidamos dicir que a psicanálise é unha das Teorías da Imaxe contemporáneas, no sentido de que analiza o Ello e a súa proxección imaxinaria segundo arquetipos diversos. Sobre todo Jung que estudia ademais a Alquimia e a simboloxía hermética occidental, procura a análise destes arquetipos. Que podemos sacar ao respecto? Que é o que se nos aporta? Porque Deleuze-Guattari están convencidos de que “o psicanálise non serve absolutamente para nada“? Entón a imaxe, o símbolo, a súa interpretación… para que?

Un dos problemas clave é precisamente o da interpretación. Non interpretar xamáis! -dinos a esquizoanálise. Porque interpretar nos leva a un esquema da identidade, do suxeito de enunciación, que certamente, pode renovar un significado dun texto, mais que segue, sen embargo, nun rexime logocéntrico. Non se interpreta; se produce, se extrae un diferencial no que se entra en resonancia, co que un se acopla e se crean novas máquinas, novos artefactos, novos dispositivos, déixase entrar en novos axenciamentos.

 

Producir, irromper, ir ao encontro co plano; coa mesa, a variña como liña de fuga transversal ao plano da mesa, e sobre esta a emisión de partículas, o estoupido molecular, o libre xogo do mundo.

 

2. TERRA

A proposta da esquizoanálise é un inconsciente sen imaxe. Un pensamento sen imaxe. Ao contrario, a historia da filosofía non fixo senón, dende Platón, porlle unha imaxe de pensamento ao abrupto e informado do mesmo. Xa dende a Dialéctica de Platón se deriva toda a potencia da negatividade nun plano no que estas forzas e intensidades se proxectan; se sosteñen, se soportan. É o tema da sub-stancia. A inmanencia se transforma en inmanencia de algo. Sobre algo. Non é inmanencia sen máis. Senón que é a inmanencia do Ser… ao pensar… Pero é que xa ao pensar o Ser como inmanente a algo… xa traizoamos a noción mesma de inmanencia así como toda a súa potencia produtiva. Traizoamos o mareo, o desconcerto, a inmediatez, a desestabilización que supón que a inmanencia sexa ao propio pensar; en vez de inmanencia do Ser ao pensar (Deleuze, Diferencia e Repetición).

 

Un pensamento sen imaxe foi o que semella que nos legou entre outros Artaud. O Teatro da crueldade de Artaud, a súa teima por chegar a pensar ainda que fose un só instante sen unha imaxe de pensamento que o guiara, que o orientara… Estar en contacto coa nosa incapacidade máis profunda para pensar(nos), para sermos conscientes en absoluto de onde estamos, baleirar o noso pensamento e desarraigalo, raices aéreas, abertas ao cosmos, soltas, sen imaxe, sen territorio no que agarrarse, nunha continua desestabilización das súas imaxes e dos seus símbolos orientativos.

 

O que tentou Jung co imaxinario hermético vai en certo senso nesta liña. Incluso a mesma psicanálise. Sen embargo, continúan aferrándose ás imaxes territorializadas; as imaxes como símbolos e polo tanto non saen dun pensamento con imaxe. Unha Teoría da Imaxe contemporánea debería poder pensar sen imaxe, paradoxicamente, ou ben indicar o modo en que a imaxe non forma unha imaxe de pensamento, non orienta ao pensamento ou ben este non a emprega como un calco-territorio sobre o que moverse, no que entender de novo unha causa-efecto. En todo caso, a imaxe se impón: alén da lóxica, na súa alta definición, sen saída posíbel, súbita e inevitábel, como imaxe-tempo, que non permite o movemento fóra de si mesma, que non crea un territorio estábel de acción-rección, senón todo o contrario.

 

O mago e a mesa. A acción e o bloque de devir que é a mesa (aparentemente) inmóbil (desmobilizado). Os pés na terra, pero os seus propios pés, son case parte da mesa. Todo = Un. O bloque de terra-mesa-pernas do mago conforman un corpo sen órganos de produción molecular que estoupa sobre (si mesma) a mesa. Coa súa correspondente emisión de partículas. Partículas que xorden e derivan sobre o propio corpo, como resultado da súa inmanencia. A carta do Mago vennos dicir que a disposición das cousas do mundo e o uso que podemos ter delas está máis preto e máis lonxe do que normalmente pensamos. Máis preto: porque todo xorde, como a mesa, e como o mago, en conexión coa terra, como o seu mesmo corpo. Máis lonxe: porque normalmente esquecemos que nós tamén sostemos esta mesa, este plano; que o plano de composición, de inmanencia, non existe por si mesmo, que tamén nós o producimos, sutilmente; hai que crealo (Deleuze).

 

3. AIRE

Podemos crear unha imaxe que nos achegue a ese pensamento sen imaxe? Podemos crear-empregar unha imaxe que non nos territorializa na mesma ou que polo menos non relegue e capture a nosa inmanencia productiva? É dicir: cabe unha imaxe inmanente, xa non incluso inmanencia da imaxe, senón que a imaxe entre ela mesma nunha máquina de produción inmanente? Quizais a pregunta sexa: pode a imaxe en vez de servir de plano e soporte referencial do pensamento (ilustrativo, representativo) entrar nos propios mecanismos do pensamento, funcionar como mecanismo de enunciación propio, que poña en crise precisamente toda posíbel referencia e incluso amose, abra, faga estoupar e emerxer todo un fondo insospeitábel, tráxico e cruel coa orde do pensamento, unha ruptura e unha escisión ao respeito do mesmo, etc? É dicir: pode a imaxe funcionar esquizoanaliticamente (fractura!) en vez de territorialmente (referencia, ilustración, interpretación) como a emprega a psicanálise? O esquizoanálise non interpreta porque a propia posición de enunciación está tan irremediablemente incluida na produción desexante da imaxe, que ao igual que o Mago forma parte da mesa e do plano que xorde coa súa correspondente emisión de partículas, interpretación e produción da imaxe forman parte dun mesmo bucle, rizoma ou aparato indiferenciábel.

 

Do mesmo modo, este artigo non pretende ler, no sentido de interpretar esta carta, e facer unha hermenéutica da mesma. Pódese achegar, ou poderíase achegar xa, a un aparello productivo, a un estar botando xa as cartas. Man_Hauser: para o Laboratorio Invisíbel. Ou incluso, que o propio Laboratorio estea producindo xa esta lectura, como unha necesidade implícita, debido a unha serie de cuestións pendentes, a unha serie de expectativas ou posibilidades futuras. No intersticio. A aparencia súbita da imaxe. Desconcertando. Desestabilizando. Abrindo a crise e a fisura do pensamento. Sinalando o que non podemos chegar a pensar. Alí onde non estamos. O non-territorio. O buraco negro. O máis fondo. Pero ao mesmo tempo, dado como extraordinaria superficie.

 

Se ben Deleuze e o esquizoanáise (Guattari) insistiron nun pensamento sen imaxe, Agamben, por exemplo, trata de percorrer camiños semellantes pero xa máis en relación coas imaxes, a tradición e unha sorte de hermenéutica case psicoanalítica. Con todo Deleuze, si que estudiou a imaxe, por exemplo no cinema, e en pintores, como Bacon, Klee, Van Gogh, entre outros. o problema da imaxe, e o mesmo que o sa escritura: non son problemas en si mesmos, senón que se converten en problemas cando non poden saír de si mesmos e nos obrigan a permanecer nas súas semióticas. Non están entón en contacto cu corpo sen órganos de produción do que poida xorder calquera outra cousa: un peixe, un cabalo, un calamar xigante, un pastel do tamaño dun planeta, un moco, qué sei eu… calquera cousa, segundo a transversalidade xeral das especies.

 

4. AUGA

A cordura e a loucura. A enerxía sexual. A líbido; o Ello, e a súa enerxía fantasmática. A produción de imaxes apolíneas a partir da enerxía sexual, unificada, indistinta… do cosmos. Cabe estudiar neste senso cuán diferente explican as imaxes respectivamente Deleuze & Zizek nas súas guías de cinema. Ambos vinculan o cinema co desexo; pero mentres Deleuze alude a posibilidade da imaxe a amosarse como imaxe tempo, como ruptura da cadea sensorio-motor do cerebro e o consecuente estado de crise, de incapacidade, de baleiro e por elo de abismo, desterritorialización, etc. Zizek alude á importancia do imaxinario e da produción desexante para a estabilidade do Ego e do Ello. A líbido, dinos Zizek, precisa producir esas escenas, recurrir a esas escenas fantásticas para recrearse; ainda que sempre con moitas condicións. Zizek, parace salvar ou querer salvar ao psicanálise da queima deleuze-guattariana, e incluso parece capaz de facer unha analítica da “lexitimidade” ou oportunidade das imaxes apolíneas invocadas, segundo conserven e poñan en crise o principio de realidade.

 

Agora ben, en certa medida o dilema se mantén: sírvennos as imaxes para contemplar, para recrearnos, conformarnos, evadirnos, engatusarnos, deleitarnos… nunha esfera inocua pero interesada para o Ego e a súa supervivencia; ou ao contrario, as imaxes sinalan a unha fractura da nosa conformidade, ensinan un non-visto até o de agora, amplian e visibilizan unha fractura, un abismo, unha dimensión ou altura non detectada até entón, un rexistro do non-pensado por nós. Conformismo do psicanálise na identidade do Ego que sostén a imaxe e que sobrevive a relación Ello-SuperEu. Pola contra, afirmación da fractura, da apertura, do baleiro e da productividade desexante no esquizoanálise.

 

Pero as cartas do tarot son imaxes fixas: como poden relacionarse cun non-pensado? Como poden introducir algo novo, pór en crise, arruinar, delirar un sistema, etc? Cabería facer un esquizoanálise do Tarot?

 

Polo de pronto hai que ver en qué medida os mecanismos do Tarot son desexantes. Se introducen nunha maquinaria non tanto de interpretación senón máis ben de produción. E isto é algo a pensar e quizais debater. Mais; non é certo que ao lerse as cartas máis que interpretalas, producimos e co-producimos con elas? Non nos di a carta, a pesar de ser sempre a mesma, sempre algo distinto segundo a situación na que aparezca, así como o contexto e o resto de cartas entre as que aparezca, etc. Créanse entón nodos, puntos de articulación e intensidades en resonancia, os desexos do consultante, a visión do lector das cartas, as propias cartas e as súas cargas… todo elo conforma unha máquina que máis que interpretarse debería ser produtiva. Podemos facela produtiva? Paga a pena? Para que nos serviría? Pode a imaxe da carta arruinar paradoxicamente todo tipo de imaxe: do noso porvir, de nós mesmos, de quén somos, de porqué estamos como estamos, etc.?

 

Tirar as cartas configura un encontro; entre variábeis independentes; e claro está introduce o azar neste encontro de maneira irresolúbel. Isto xa o sabían máis ou menos conscientemente, aqueles que as practicaron dende sempre. Que as cartas obedezan a un rexime de afectos: a veces estereotipado, tipificado, é o problema co que nos atopamos, e ante o que debemos de pensar cómo contraefectualo. É dicir, pensar en qué medida un rexime nos obriga a unha lectura ou pode ser pola contra incluido nunha máquina, nun aparato que o empregue alén dunha exclusividade significativa. Parece que a psicanálise coa súa análise dos arquetipos (Jung) non sae da interpretación do mesmo modo que non librea ao rexime da(s) súa(s) significatividade(s).

 

dende Laboratorio Invisíbel.

Last Updated on Friday, 06 April 2012 13:06
 

Newsflash