Login Form



Translator



Fundamentación PDF Print E-mail
xeral - tar0t esquizoanAlise
Friday, 06 April 2012 11:57

En vez dunha análise do inconsciente por parte do consciente como fai a psicanálise a esquizoanálise trata de pór ao inconsciente a producir. O inconsciente é productivo e non representativo. Contra o teatro clásico ao que alude Freud no complexo de Edipo asimilando o desexo a unha escena arquetípica do Mesmo que se repite sempre igual (seguindo a lóxica do Mesmo en vez da lóxica da diferencia) a esquizoanálise trata ao inconsciente como fábrica de produción, unha fábrica que non quere dicir nada, que non significa, que non se interpreta, senón que acontece, xorde, irrompe, emerxe, se libera, etc. Paradoxicamente esta fábrica ten que ver co teatro contemporáneo e a súa ruptura co teatro moderno, ilustrativo, representativo... da idea do autor e do texto, da personaxe e da interpretación. Deleuze desenvolve a partir de aquí as teses dunha Filosofía-Teatro que está a ser clave para moit@s artistas contemporáneos e no eido das Artes Escénicas e Visuais. Os conceptos esquizoanalíticos son válidos e incluso transformadores para unha nova comprensión da escena non-representativa contemporánea: desenvolven a potencia inmanente do virtual así como o valor do simulacro e da repetición en escena sen aludir a un orixinal. Nesta fluctuación, nesta desconexión e autosuficiencia da imaxe-tempo xorde este Laboratorio como plan de produción e consistencia do desexo e do seu imaxinario. Do que se trata é de facer unha esquizoanálise do desexo e/ou do inconsciente de tal forma que ese “do inconsciente” non sexa un dativo da acción esquizoanalítica (da análise); non se analiza o inconsciente como un material previo ou distinto sobre o que se lle aplica un método (do consciente, da razón, o seu estructuramento, etc.) senón que o propio inconsciente é analítico (esquizoanalítico) e metódico e ao deixalo (máis ou menos...) por si só produce os seus arquivos. O inconsciente no seu darse xera un campo diferencial, distribúe unhas singularidades, extrae delas un sentido, opera por casi-causa (e non por causalidade directa), carga un CORPO SEN ÓRGANOS... Entón a análise do (dativo da preposición) inconsciente devén unha análise do (xenitivo da preposición) inconsciente.

Last Updated on Thursday, 12 July 2012 11:12
 

Newsflash