Login Form



Translator



Que é esquizoan4lise lab? PDF Print E-mail
xeral - tar0t esquizoanAlise
Friday, 06 April 2012 11:42

Que é SQUIZOANÁLISE LAB?... Unha alternativa á psicanálise e a súa clínica; unha nova clínica performática que vén sustituir a CRÍTICA da razón kantiana. Ao desexo non se lle analiza, ao inconsciente tampouco; senón que o propio desexo e o propio inconsciente son xa analíticos e productivos. SQUIZOANÁLISE LAB é un espazo de investigación, de produción, de recreación. Xogamos coas cartas do tarot e o seu imaxinario hermético. Hermético vs. Hermenéutico; ou polo menos non damos por sentada a prevalencia do segundo sobre o primeiro. Cuestionamos esa prevalencia e cuestionamos a hermenéutica. Porque sigue interpretando...

Partimos dun espazo hermético: un módulo branco sen ventás; mais non por elo tan barroco... Non hai ventás directas, físicas; mais hai ventás indirectas, dixitais, telemáticas. Módulo stream ou stream-lab, con webcams, transformando as coordenadas escénicas cara un novo ámbito performático. Contra a caixa negra do teatro que resalta a personaxe sobre o fondo... aquí operamos case como nun plató de TV; con programación streaming. Os performers (bailarin@s, actores...) entran a accionar ao módulo sen espectador@s direct@s mais a súa investigación, o seu ensaio é retransmitido como programación hermética-esquizoanalítica.

A cuestión da programación: que relación hai entre o concepto de programación televisivo e o concepto informático de programación? O tratamento da imaxe no stream- lab, no esquizoanálise-lab, no taller hermético de performance: é a través da súa dixitalización. Isto conleva continuamente unha mediación programática da performance e dos seus CORPOS SEN ÓRGANOS. Programamos con SOFTWARE LIBRE: delvj e pure data; na procura dunha inmanencia resultado/producto; e digamos que o que se programa non é algo diferente, outra cousa previa ao propio programa da que xorde.

Ademais o espazo é unha CÁMARA BRANCA DE REVELADOS; en vez da cámara negra de fotografía. Saca os negativos das situacións, en concreto: dos arquetipos do inconsciente, sedimentados ao longo da tradición. Sacar os negativos destes arquetipos, destas estructuras que estratifican o noso inconsciente impedíndolle unha libre produción desexante (pois se racha ou quebranta a súa matriz inmanente produtiva...). Configurar escenas resoantes, cargar unha máquina desexante, arquivar intensidades xeradas, programar estratos de corpos sen órganos... tales son obxectos deste proxecto.

Last Updated on Friday, 06 April 2012 11:47
 

Newsflash