Login Form



Translator



sobre o proxecto

Unha serie de novos filósofos acaban de chegar á terra. Rondan e merodean a nosa sociedade, estánnos a observar, case sen ser vistos... Tan só en ocasións especiais aparecen, amósanse, déixanse ver, teñen algo que dicir, e que facer. Traen unha nova-nova que pretende romper o noso concepto sobre eles, desempolvar a súa verdade, facer anacos o acontecemento. Preparádevos, irmaos! Nunca a filosofía rexurdiu entre tanto alboroto de tanto silencio. Se agora o fai é porque algo pasa...

Aquí podes descargar xustificación do proxecto

"Houbo (Hegel, Sartre) a filosofía-novela; houba a filosofía-meditación (Descartes-Heidegger). Velaquí, despois de Zaratustra, o retorno da filosofía-teatro. En absoluto reflexión sobre o teatro; en absoluto teatro cargado de significacións. Senón unha filosofía convertida en escena, personaxes, signos, repetición dun acontecemento único e que non se reproduce xamáis" Michel Foucault, Ariadna colgouse.



Fragmentos de Artaud -Teatro da Crueldade PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Wednesday, 21 May 2008 14:47

"E o problema que agora xorde é saber se neste mundo que cae, que se suicida sen sabelo, atoparase un núcleo de homes capaces de impor esta noción superior do teatro, homes que restaurarán para todos nós o equivalente natural e máxico dos dogmas nos que xa non cremos"

"o teatro non recuperará os seus específicos poderes de acción se antes non se lle devolve a súa linguaxe"

"recobrar a noción dunha especie de linguaxe único a medio camino entre o xesto e o pensamento"

"acción disociadora e vibratoria sobre a sensibilidade"

"soamentes se prolongamos o sentido, as fisionomías, as combinacións de palabras ata transformalas en signos, e facemos deses signos unha especie de alfabeto..."

"linguaxe de sons, gritos, luces, onomatopeias... verdadeiros xeroglíficos, co auxilio de obxectos e personaxes, empregando os seus simbolismos"

"crear unha metafísica da palabra..."

"mais nada disto serviría se detrás dese esforzo non hai unha sorte de inclinación metafísica real, unha apelación a certas ideas insólitas que pola súa mesma natureza son ilimitadas, e non poden ser descritas formalmente... son todas de orden cósmico!... permitirían crear unha especie de apaixoada ecuación entre o Home, a sociedade, a Natureza e os Obxectos"

"Non se trata, por outra parte, de pór directamente en escea ideas metafísicas, senón de crear algo así como tentacións, ecuacións de aire en torno a esas ideas"

"sería van dicir que inclúe a música, a danza, a pantomima, a mímica... mais soamente en canto concorren a unha especie de expresión central sen favorecer ningunha arte particular"

"Penetra na sensibilidade... dá extensión á voz"

"o importante é pór á sensibilidade, por certos medios, nun estado de percepción máis profunda"

Last Updated on Wednesday, 21 May 2008 09:17
Read more...
 
fotos Maio 68 PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Tuesday, 13 May 2008 18:49

Velaquí algunhas imaxes destacadas da preparación da xornada. A cargo de Nel Rodríguez, profesor titular de Estética, fixemos unha performance nas rúas de Santiago pegando no chan frases célebres de filósofos e pensadores da tradición. Tamén se adxuntaron etiquetas "en defensa da filosofía en bacharelato". A cousa funcionou algo: a xente paraba e lía as frases ao tempo que comentaba: -que pasa coa filosofía? e que a queren sacar? Polo visto e certo que a consellería está actuando con nocturnidade e alevosía; é dicir, facendo o menor ruido que pode, para unha vez aprobado o decreto non haxa marcha atrás; é dicir, para esgotar os mecanismos recurrentes. Por estas razóns optouse por "actuar" por parte dos varios presentes na Facultade; entre eles, e coa iniciativa da Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI). Para esta semana que entra (12-18 maio) están pensadas varias accións en Santiago, en clave teatral-performática. Trátase de recrear atentados, asasinatos, execucións de filósofos, en prazas públicas. A cicuta de Sócrates, a fogueira de Bruno, o ataque de pánico de Nietzsche, un fusilamento a Marx... é dicir, que tampouco teñen por qué ser todas factuais... Nesta liña me parece que a filosofía pasa verdadeiramente dunha relación de oposición co Estado e a Consellería que se manifestaria na Folga, e pode achegarse pola contra a posicións ontolóxicas, en vez de ónticas, tomando novas formas de expresión que poden chegar ao pobo, aínda que tamén teña este que facer un esforzo. Porque é como dicir: se nos podemos saír dos nosos esquemas e seguir a dicir algo: vós tamén podedes comprender a filosofía e seguir a ser pobo, áinda que máis culto e atento, mellor... Claro que isto nunca vai ser seguro...

Nel preparando os paneis informativos Maio-68

Last Updated on Sunday, 11 May 2008 21:52
Read more...
 
Máis Maio 68 PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Monday, 12 May 2008 18:26

Despois da xornada do venres-sábado na Facultade de Filosofía, as cousas seguen como estaban; é dicir: non se saben cómo están as cousas. O cal non e verdadeiramente malo; pois o certo é que nos inflúen tal cantide de factores e posibilidades, que non se sabe moi ben o que pasa, non se sabe ben cal é a resposta concreta e mellor para un problema... Tanto como nos avisara Ortega! É dicir: sabemos que hai un problema por exemplo, e sobre todo, ou primeiramente, en torno a ensinanza da Filosofía en Bacharelato. Que pasa? Que imos facer? Seica a situación non é sinxela; senón que inmersa nun tecido de complexidade que non cabe obviar. Por exemplo: que pasa? Son os políticos os que non queren a filosofía? Porque lles molesta? Porque é crítica? Porque queren fomentar o pensamento único e domar ás masas? Pode ser certo, mais tamén: non poden ser @s propi@s alumn@s @s que rexeitan a filosofía? Non é certo acaso que cada vez as escollen menos como carreira, como o resto das Humanidades, certamente tamén ante a presión do mundo laboral? Entón... pode ser este mundo laboral o culpábel, a súa excesiva tecnificación, a súa excesivaespecialización en áreas industriais e tecnolóxicas... mais tamén nesas áreas: non pode ser competente a filosofía? Non pode servir por exemplo para analizar e comprender o mundo da internet, o mundo mesmo do espectáculo que tanto emprega a razón e o sentido, o significado? Non nos tocaría aos filósofos, aos profesores, facer entón competente a Filosofía contra todos estos inconvenientes parciais que se acumulan na nosa contra?

Last Updated on Sunday, 11 May 2008 17:41
Read more...
 
O teatro resoante na USC en memoria do Maio 68 PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Wednesday, 07 May 2008 00:47

Con motivo do 40 aniversario do Maio do 68 celebraráse na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela (USC) unha Xornada conmemorativa especial, na que recurrindo a diferentes linguaxes desenvolveranse diversas actividades durante a tarde do venres 9 de maio e toda a madrugada, ata as 9 da mañá do sábado 10 de maio. Haberá tempo para falar, debatir, escoitar propostas sobre a situación actual e o legado do 68, haberá tempo para actividades performáticas na praza do toural, haberá filmes e música en directo, fotografías... I entre estas actividades presentarase o presente proxecto, o teatro resoante, como alternativa creativo-filosófica ante a avalancha mediática que persiste dende os tempos da revolta da sorbona... Programa desta actividade:

Last Updated on Thursday, 08 May 2008 11:47
Read more...
 
Reivindicación dun Laboratorio das Humanidades para Bacharelato PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Monday, 05 May 2008 14:15

O que precisamos é: un Laboratorio das Humanidades, das ciencias humanas. Si. Un laboratorio. Para traballar e profundizar o especifico destas ciencias; pois ata o de agora nos quedamos nelas, tan só na mera superficie, e a moita distancia da mesma... Do mesmo xeito que o laboratorio das ciencias exactas, da física e da química... tan coñecidos por nós, tan ensalzados na nosa tradición... do mesmo xeito, digo, que estes traballan a obxectividade; precisamos un espazo, unha maneira, un modo... de traballar a subxectividade. Porque a subxectividade tamén se pode traballar; claro, nin tanto! e aínda máis, é o que cómpre traballar, coñecer, discernir. O método ten que ser ben diferente, sen dúbida. Un método aproximativo en vez de exacto; un método baseado na indeterminación en vez da determinación, na relatividade en vez de na certeza... mais non por eso deixamos de falar de verdade, incluso absolutamente! Hai, de feito, unha verdade in-certa, in-determinada, relativa, que non por iso deixa de ser verdadeira, senón que case o é máis: máis complexa, máis acorde co noso mundo incluso, formado por redes cada vez máis, no que o paradigma da relatividade e da indeterminación chegou incluso xa á ciencia... Poderiamos resumir as vantaxes e razóns polas que cómpre un laboratorio das humanidades segundo os seguintes puntos:

Last Updated on Sunday, 01 June 2008 18:29
Read more...
 
« StartPrev1234NextEnd »

Page 2 of 4

Newsflash