Login Form



Translator



sobre o proxecto

Unha serie de novos filósofos acaban de chegar á terra. Rondan e merodean a nosa sociedade, estánnos a observar, case sen ser vistos... Tan só en ocasións especiais aparecen, amósanse, déixanse ver, teñen algo que dicir, e que facer. Traen unha nova-nova que pretende romper o noso concepto sobre eles, desempolvar a súa verdade, facer anacos o acontecemento. Preparádevos, irmaos! Nunca a filosofía rexurdiu entre tanto alboroto de tanto silencio. Se agora o fai é porque algo pasa...

Aquí podes descargar xustificación do proxecto

"Houbo (Hegel, Sartre) a filosofía-novela; houba a filosofía-meditación (Descartes-Heidegger). Velaquí, despois de Zaratustra, o retorno da filosofía-teatro. En absoluto reflexión sobre o teatro; en absoluto teatro cargado de significacións. Senón unha filosofía convertida en escena, personaxes, signos, repetición dun acontecemento único e que non se reproduce xamáis" Michel Foucault, Ariadna colgouse.



Adhesión ao proxecto da Fundación Ronsel PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Saturday, 26 April 2008 03:07

A Fundación Ronsel para o fomento do emprego e a inserción laboral amosa o seu interese no proxecto de innovación pedagóxica "o teatro resoante" tal como se recolle na carta de adhesión que emite para a presentación deste proxecto á convocatoria "a primeira obra" da Fundación Caixa Galicia. Dende a perspectiva da empregabilidade, o proxecto de "o teatro resoante" vén sendo unha iniciativa axeitada, segundo o seu punto de vista, nun mundo no que cómpre saber ver demandas sociais que non estean cubertas polos servicios ao uso. Certamente, "o teatro resoante" proponse cubrir unha demanda aínda non saída á luz, á superficie: aquela na que as formas de expresión máis contemporáneas e as súas ferramentas (o tecnolóxico, o multimedia, o hipertextual...) serven perfectamente para facer resurdir os temas máis importantes da nosa longa tradición, problemas do noso pensamento, da nosa historia, do noso destino... Configúrase desta maneira un espazo ou aula virtual, neste caso de filosofía, onde virtual vai alén do que moitas veces entendemos por tal. Virtual vén sendo aquelo que reforza a latencia ou potencia dun estado de cousas, aquelo que lle dá un novo ohorizonte ou comprensión implicada... [ver carta de adhesión da Fundación Ronsel].

Last Updated on Saturday, 26 April 2008 23:50
 
pensar por a terra PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Tuesday, 22 April 2008 05:20

Pensar por a terra é o título do traballo de investigación que dá lugar ao presente proxecto. Reallizado en Valencia no programa de doutoramento "arte, filosofía e creatividade" investiga un acontecemento estético na historia, na tradición da filosofía. Este faríase máximo no momento no que Zaratustra chega ao seu gran mediodía, no que en resonancia co instante platónica da caverna, faría de todo o seu proceso cognitivo dialéctico (o proceso platónico) un proceso estético, pois habería chegado a súa mesma situación seguindo tan só un novo sentido, o sentido da terra... A partir de aí, o teatro resoante non son senón unha pragmática ou unha programática das súas consecuencias, é dicir, das consecuencias desta primeira resonancia que provoca por elo todas as outras; agora xa nun espacio interior, na volta do prisioneiro ao adentro, na volta de zaratustra a volver a ser home.

descargar aquí pensar por a terra en pdf

Last Updated on Monday, 21 April 2008 17:25
 
O teatro resoante preséntase na Aula Universitaria de Promoción Económica 2008 PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Thursday, 21 February 2008 07:12

O teatro resoante preséntase no segundo taller da Aula Universitaria de Promoción Económica 2008 que se ofrece desde a Fundación da Universidade da Coruña en colaboración coa Fundación Ronsel. Trátase dun aula de formación para universitarios subvencionado pola Diputación de A Coruña, para licenciados ou estudiantes dos últimos cursos en situación de desemprego. O obxectivo xeral consiste en facilitar ferramentas para a mellora da empleabilidade do colectivo universitario, desde o punto de vista do deseño e a execución de proxectos de promoción económica na provincia da Coruña. Este obxectivo concrétase nestes outros:

Last Updated on Thursday, 21 February 2008 19:08
ler máis
 
Xornadas da didáctica da Filosofía PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Monday, 01 October 2007 14:00

O material multimedia de A caverna de Platón é presentado nas Xornadas da didáctica da Filosofía celebradas en Santiago de Compostela durante os días 10 e 11 de setembro de 2007. A este encontro acudiron profesores de ensino medio de toda galiza, algúns de diferentes puntos da península e incluso algúns de fóra de españa, como é o caso dun profesor alemán máis outro portugués. Entre todos debatemos as condicións da educación da filosofía no bacharelato nunhas sesións nas que se misturaban conferencias, con relatos de experiencias, con obradoiros... A necesidade de experimentar, de xogar co papel do profesor-filósofo, por facer do pensamento unha aventura que ten que viver @ alumn@... son algunhas das claves que penso podemos sacar en limpo e en común dos diferentes relatos. Con todo, quen queira saber máis, que investigue e comprobe por si mesmo o que cada poñente di, pensa e xustifica. Do que non cabe dúbida é de que o teatro resoante si que está nesa liña digamos que de risco, na que o pensar merodea a través dos fráxiles abismos da comprensión. Ver a continuación o programa:

Last Updated on Thursday, 26 June 2008 13:13
Read more...
 
carta de apoio ao proxecto PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Monday, 01 October 2007 06:00

Chámome Jesús Merino Palacios. Son profesor de Filosofía hai uns cantos anos. O meu destino actual é o I.E.S. Armando Cotarelo de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Teño moito interese polas cuestións didácticas, porque penso que non chega con “saber” moita filosofía para poder ensinala axeitadamente. Penso que a maneira de presentala ante os alumnos e as estratexias metodolóxicas que se empreguen poden influir dun xeito moi decisivo no desexo do alumnado por acercarse a unha asignatura complexa e rica como é a nosa. Dentro dese interese pola didáctica, levo tamén uns cantos anos estudiando e aplicando na medida do posible o programa “Filosofía para Nenos”, de M. Lipman, e asistinto a cantas actividades formativas relacionadas coa didáctica da Filosofía ofrece a Consellería e outras instancias. Con motivo das 3as. Xornadas de Didáctica da Filosofía celebradas recentemente en Santiago tiven ocasión de coñecer unha proposta moi interesante: trátase dun proxecto elaborado por Manuel Cebral Loureda que parte dunha utilización moi suxestiva da linguaxe audiovisual como elemento desencadeante da reflexión filosófica. A curtametraxe que nos amosou pode ser unha moi atraínte vía de aproximación ó coñecemento da historia das ideas.

Como son consciente das dificultades técnicas e económicas que supón a tarefa de Manuel, entendo que debería recibir o apoio necesario para poder desenvolvela tal e como ten previsto. Penso que a tarefa dos docentes de filosofía veríase enriquecida moi significativamente.

En Vilagarcía de Arousa, a 24 de Setembro de 2007.

Last Updated on Thursday, 26 June 2008 13:18
 
« StartPrev1234NextEnd »

Page 3 of 4

Newsflash