Login Form



Translator



fotos Maio 68 PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Tuesday, 13 May 2008 18:49

Velaquí algunhas imaxes destacadas da preparación da xornada. A cargo de Nel Rodríguez, profesor titular de Estética, fixemos unha performance nas rúas de Santiago pegando no chan frases célebres de filósofos e pensadores da tradición. Tamén se adxuntaron etiquetas "en defensa da filosofía en bacharelato". A cousa funcionou algo: a xente paraba e lía as frases ao tempo que comentaba: -que pasa coa filosofía? e que a queren sacar? Polo visto e certo que a consellería está actuando con nocturnidade e alevosía; é dicir, facendo o menor ruido que pode, para unha vez aprobado o decreto non haxa marcha atrás; é dicir, para esgotar os mecanismos recurrentes. Por estas razóns optouse por "actuar" por parte dos varios presentes na Facultade; entre eles, e coa iniciativa da Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI). Para esta semana que entra (12-18 maio) están pensadas varias accións en Santiago, en clave teatral-performática. Trátase de recrear atentados, asasinatos, execucións de filósofos, en prazas públicas. A cicuta de Sócrates, a fogueira de Bruno, o ataque de pánico de Nietzsche, un fusilamento a Marx... é dicir, que tampouco teñen por qué ser todas factuais... Nesta liña me parece que a filosofía pasa verdadeiramente dunha relación de oposición co Estado e a Consellería que se manifestaria na Folga, e pode achegarse pola contra a posicións ontolóxicas, en vez de ónticas, tomando novas formas de expresión que poden chegar ao pobo, aínda que tamén teña este que facer un esforzo. Porque é como dicir: se nos podemos saír dos nosos esquemas e seguir a dicir algo: vós tamén podedes comprender a filosofía e seguir a ser pobo, áinda que máis culto e atento, mellor... Claro que isto nunca vai ser seguro...

Nel preparando os paneis informativos Maio-68

compñeir@s intervindo filosóficamente na rúa

a xente parando para ler e pensar

Last Updated on Sunday, 11 May 2008 21:52
 

Newsflash