Login Form



Translator



Máis Maio 68 PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Monday, 12 May 2008 18:26

Despois da xornada do venres-sábado na Facultade de Filosofía, as cousas seguen como estaban; é dicir: non se saben cómo están as cousas. O cal non e verdadeiramente malo; pois o certo é que nos inflúen tal cantide de factores e posibilidades, que non se sabe moi ben o que pasa, non se sabe ben cal é a resposta concreta e mellor para un problema... Tanto como nos avisara Ortega! É dicir: sabemos que hai un problema por exemplo, e sobre todo, ou primeiramente, en torno a ensinanza da Filosofía en Bacharelato. Que pasa? Que imos facer? Seica a situación non é sinxela; senón que inmersa nun tecido de complexidade que non cabe obviar. Por exemplo: que pasa? Son os políticos os que non queren a filosofía? Porque lles molesta? Porque é crítica? Porque queren fomentar o pensamento único e domar ás masas? Pode ser certo, mais tamén: non poden ser @s propi@s alumn@s @s que rexeitan a filosofía? Non é certo acaso que cada vez as escollen menos como carreira, como o resto das Humanidades, certamente tamén ante a presión do mundo laboral? Entón... pode ser este mundo laboral o culpábel, a súa excesiva tecnificación, a súa excesivaespecialización en áreas industriais e tecnolóxicas... mais tamén nesas áreas: non pode ser competente a filosofía? Non pode servir por exemplo para analizar e comprender o mundo da internet, o mundo mesmo do espectáculo que tanto emprega a razón e o sentido, o significado? Non nos tocaría aos filósofos, aos profesores, facer entón competente a Filosofía contra todos estos inconvenientes parciais que se acumulan na nosa contra?

Esta é un pouco a posición do proxecto do teatro resoante, sen esquecer que o resto de factores que comezamos sinalando dende un principio non deixan de ser efectivos e decisivos nesta situación; máis ningún deles por si mesmo exclúe que a nosa posición, a nosa alternativa teña que vir desta última maneira. Por exemplo; é evidente que os rapaces chegan cada vez peor aos centros de ensinanza: chegan desobedientes, irreverentes, excitados, sen capacidade ningunha de estudio nin interese; están aí pola cara, para aproveitarse da situación de crise da ensinanza, sen percatarse seguramente, de que iso non lles beneficia a longo e medio prazo... É polo tanto unha culpa das familias e da sociedade, que non se esforza en educar, en favorecer a educación, en darlle o seu apoio, en non deixar que os fillos fagan o que queiran... Son inercias sociais... Pero afilosofía, qué pode facer ante isto? Ten que facerse valer. Ten incluso que amosar, na carreira, que pode ser competente para moitas outras cousas das que en principio o é: pois temos que entrar no conglomerado desa mesma sociedade e captar, intervir nos seus mecanismos. I é que estes mecanismos son hoxe en día máis filosóficos que nunca: os medios de comunicación, a imaxe, o concepto como forza sintética, a composición de sentido, a mensaxe... son recursos propiamente pertencentes a nosa sociedade da información e da comunicación, á mercadotenia dos mass media, etc. e son tamén precisamente os recursos filosóficos. Soamente que non dispoñemos ben deles aínda; nos parecen estraños, demasiado alleos... cando en verdade nos pertencen, poden pertencernos mellor que a ninguén, na medida en que nos axuden a despertar e activar a potencia do pensamento, a súa capacidade pathética, hoxe en día ao servicio das mensaxes do capitalismo, ten que reorientarse cara unha orde xusta da sabedoría, da razón e da intelixencia: cara unha nova política e coordinación social.
Last Updated on Sunday, 11 May 2008 17:41
 

Newsflash