Login Form



Translator



O teatro resoante na USC en memoria do Maio 68 PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Wednesday, 07 May 2008 00:47

Con motivo do 40 aniversario do Maio do 68 celebraráse na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela (USC) unha Xornada conmemorativa especial, na que recurrindo a diferentes linguaxes desenvolveranse diversas actividades durante a tarde do venres 9 de maio e toda a madrugada, ata as 9 da mañá do sábado 10 de maio. Haberá tempo para falar, debatir, escoitar propostas sobre a situación actual e o legado do 68, haberá tempo para actividades performáticas na praza do toural, haberá filmes e música en directo, fotografías... I entre estas actividades presentarase o presente proxecto, o teatro resoante, como alternativa creativo-filosófica ante a avalancha mediática que persiste dende os tempos da revolta da sorbona... Programa desta actividade:

17-18h : Intervención no hall da Facultade con fotos, frases e video sobre o Maio-68.

18-19h: Tertulia “Maio-68”. Salón de Actos da Facultade

19-21h: Talleres de preparación da Performance a realizar na rúa e na Praza da Mazarelos.

21-22h: Realización da Performance “Filosofía na rúa”.

22-23h: Cea no hall da Facultade.

23h: Presentación do video “A caverna de Platón” a cargo de Manuel Cebral Loureda.

23,30h: Concerto do grupo de música “Backing blues” no hall da Facultade.

1-8h da mañán: Proxección durante toda a noite no Salón de actos da Facultade de videos e films dos anos sesenta.

ENTIDADES ORGANIZADORAS: Sociedade Galega de Filosofía (SOGAFI); Facultade de Filosofía, Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, Departamento de Lóxica, Filosofía Moral e Política, Comisión Cultural da Facultade de Filosofía.

Last Updated on Thursday, 08 May 2008 11:47
 

Newsflash