Login Form



Translator



Adhesión ao proxecto da Fundación Ronsel PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Saturday, 26 April 2008 03:07

A Fundación Ronsel para o fomento do emprego e a inserción laboral amosa o seu interese no proxecto de innovación pedagóxica "o teatro resoante" tal como se recolle na carta de adhesión que emite para a presentación deste proxecto á convocatoria "a primeira obra" da Fundación Caixa Galicia. Dende a perspectiva da empregabilidade, o proxecto de "o teatro resoante" vén sendo unha iniciativa axeitada, segundo o seu punto de vista, nun mundo no que cómpre saber ver demandas sociais que non estean cubertas polos servicios ao uso. Certamente, "o teatro resoante" proponse cubrir unha demanda aínda non saída á luz, á superficie: aquela na que as formas de expresión máis contemporáneas e as súas ferramentas (o tecnolóxico, o multimedia, o hipertextual...) serven perfectamente para facer resurdir os temas máis importantes da nosa longa tradición, problemas do noso pensamento, da nosa historia, do noso destino... Configúrase desta maneira un espazo ou aula virtual, neste caso de filosofía, onde virtual vai alén do que moitas veces entendemos por tal. Virtual vén sendo aquelo que reforza a latencia ou potencia dun estado de cousas, aquelo que lle dá un novo ohorizonte ou comprensión implicada... [ver carta de adhesión da Fundación Ronsel].

Last Updated on Saturday, 26 April 2008 23:50
 

Newsflash