Login Form



Translator



O teatro resoante preséntase na Aula Universitaria de Promoción Económica 2008 PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Thursday, 21 February 2008 07:12

O teatro resoante preséntase no segundo taller da Aula Universitaria de Promoción Económica 2008 que se ofrece desde a Fundación da Universidade da Coruña en colaboración coa Fundación Ronsel. Trátase dun aula de formación para universitarios subvencionado pola Diputación de A Coruña, para licenciados ou estudiantes dos últimos cursos en situación de desemprego. O obxectivo xeral consiste en facilitar ferramentas para a mellora da empleabilidade do colectivo universitario, desde o punto de vista do deseño e a execución de proxectos de promoción económica na provincia da Coruña. Este obxectivo concrétase nestes outros:

  • Mellorar a empleabilidade dos participantes como potenciais técnicos/as de entidades do terceiro sector
  • Facilitar o emprendemento desde entidades non lucrativas
  • Establecer procedementos de traballo para a constitución dun laboratorio/factoría/incubadora de ideas e proxectos que sirvan para pór en marcha un programa de I+D+i
  • Difundir el concepto de emprededor social
O teatro resoante aportará o seu punto de vista, servindo de exemplo para os emprendedores sociais. Esta é unha nova figura dentro do mercado laboral en grande medida descoñecida en Galicia. O emprendedor é aquel que se emprega, ou incluso se intraemprega sen por elo formar unha empresa; polo que normalmente vincúlase ao terceiro sector: entidades sen ánimo de lucro e con fines sociais e benéficos. O teatro resoante é ademáis un exemplo de titulados en filosofía, que en vez de optar por profesionalizarse na vía convencional que lles ofrece o mercado (oposicións neste caso) procuran unha alternativa de emprego que eles mesmos crean; que o propio proxecto do teatro resoante crea. I este emprego créase no ámbito do servicio social: ofrecemos un complemento educativo demandado e emerxente nos nosos días, cubrimos un campo cada vez máis necesitado...
Last Updated on Thursday, 21 February 2008 19:08
 

Newsflash