Login Form



Translator



III Festival Integrarte PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Wednesday, 25 June 2008 15:36
A complexo psicosocioeducativo O Pelouro A Xeito, situado en Caldas de Tui, leva anos experimentando con novas formas pedagóxicas na procura dun verdadeiro principio da diversidade na educación. Educar para a diversidade vén sendo educar para a diferenza, xa non o respeto á mesma, senón a súa aceptación irrenunciábel e primeira en relación a calquera outro principio. Este fin de semana en concreto, temos na Abadía e Factoría O Pelouro A Xeito un festival neste senso, no que as artes contemporáneas xogarán un decisivo papel. Trátase dun encontro interdisciplinar no que o teatro, a danza, a música... conflúen como formas manifestas de educación, comprensión, diversidade... É o III Festival Integrarte que podes consultar, no que trataremos de estar presentes, e que por riba, acontecerá nun marabilloso entorno rural da galiza... Preme en III Festival... para consultar programa.
Last Updated on Wednesday, 25 June 2008 09:44
 

Newsflash