Login Form



Translator



Fragmentos de Artaud -Teatro da Crueldade PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Wednesday, 21 May 2008 14:47

"E o problema que agora xorde é saber se neste mundo que cae, que se suicida sen sabelo, atoparase un núcleo de homes capaces de impor esta noción superior do teatro, homes que restaurarán para todos nós o equivalente natural e máxico dos dogmas nos que xa non cremos"

"o teatro non recuperará os seus específicos poderes de acción se antes non se lle devolve a súa linguaxe"

"recobrar a noción dunha especie de linguaxe único a medio camino entre o xesto e o pensamento"

"acción disociadora e vibratoria sobre a sensibilidade"

"soamentes se prolongamos o sentido, as fisionomías, as combinacións de palabras ata transformalas en signos, e facemos deses signos unha especie de alfabeto..."

"linguaxe de sons, gritos, luces, onomatopeias... verdadeiros xeroglíficos, co auxilio de obxectos e personaxes, empregando os seus simbolismos"

"crear unha metafísica da palabra..."

"mais nada disto serviría se detrás dese esforzo non hai unha sorte de inclinación metafísica real, unha apelación a certas ideas insólitas que pola súa mesma natureza son ilimitadas, e non poden ser descritas formalmente... son todas de orden cósmico!... permitirían crear unha especie de apaixoada ecuación entre o Home, a sociedade, a Natureza e os Obxectos"

"Non se trata, por outra parte, de pór directamente en escea ideas metafísicas, senón de crear algo así como tentacións, ecuacións de aire en torno a esas ideas"

"sería van dicir que inclúe a música, a danza, a pantomima, a mímica... mais soamente en canto concorren a unha especie de expresión central sen favorecer ningunha arte particular"

"Penetra na sensibilidade... dá extensión á voz"

"o importante é pór á sensibilidade, por certos medios, nun estado de percepción máis profunda"

SOBRE A TÉCNICA DESTE TEATRO:

"facer do teatro unha función: un verdadeiro esclarecemento da atención"

"desborden nun plan non finxido e ilusorio, senón interior"

"mundo interno: home considerado metafisicamente"

"os dereitos da imaxinación"

"a súa ubicación poética na realidade"

"unha sorte de creación total onde o ser humano poida recobrar o seu posto entre o soño e os acontecementos"

SOBRE OS TEMAS:

"non queremos abrumar ao público con preocupacións cósmicas transcendentes. Que haxa claves profundas do pensamento e da acción, que permitan unha comprensión de todo o espectáculo, non atañe en xeral ao espectador, nin lle interesa. Mais cómpre que esas claves estean aí, e iso si nos atañe"

O ESPECTÁCULO:

"beleza máxica das ropaxes... raras notas musicais... máscaras, maniquíes..."

POSTA EN ESCENA:

"no emprego e o manexo desa linguaxe disolverase a antiga dualidade autor e director, reemprazados por unha sorte de creador único, ao que incumbirá a dobre responsabilidade de espectáculo e acción"

A LINGUAXE EN ESCENA:

"non se trata de suprimir a palabra falada, senón de dar aproximadamente ás palabras a mesma importancia que teñen nos soños"

"pode inspirarse... nos caracteres xeroglíficos... para compor en escena símbolos precisos e inmediatamente lexibles"

"emprego particular das entonacións, unha sorte de equilibrio armónico"

"todo, ata a luz, pode ter un sentido intelectual determinado"

A SALA:

""suprimimos a escena e a sala e a reemprazamos pr un lugar único, sen tabiques nen obstáculos de ningunha clase, e que será o teatro mesmo da acción. Restablecerase unha comunicación directa entre o espectador e o espectáculo, entre o actor e o espectador, xa que o espectador, situado no centro mesmo da acción, verase rodeado e atravesado por ela [ver deseño A caverna de Platón]. Ese envolvemento ten a súa orixe na configuración mesma da sala"

"un cobertizo ou unha granxa calesquera"

"o carácter de verdadeira ilusión do espectáculo, tanto como a súa pegada inmediata da acción sobre o espectador, deixarán de ser palabras hocas"

"sen embargo reservarase un emprazamento central que sen servir propiamente de escena, permita que o groso da acción se concentre e intensifique cada vez que sexa preciso"

OBXECTOS, MÁSCARAS, ACCESORIOS:

"...obxectos de proporcións singulares..."

DECORADO:

"non haberá decorado"

AS OBRAS:

"non interpretaremos pezas escritas, senón que ensaiaremos directamente sobre unha posta en escena en torno a temas, feitos, e obras coñecidas"

ESPECTÁCULO:

"hai que resucitar a idea de espectáculo integral. O problema é dar voz ao espazo, alimentalo e amoblalo, como minas metidas nunha muralla branca, que se transforma en proxectís e ramilletes de pedras"

O ACTOR:

"é a vez... de primordial importancia... e unha especie de elemento pasivo e neutro... négaselle rigorosamente toda iniciativa persoal"

A INTERPRETACIÓN:

"todos os movementos obedecerán a un ritmo"

O CINE:

"á cruda visualización do que é, opón o teatro por medio da poesía imaxes do que non é"

Antonin Artaud, O teatro da crueldade -primeiro manifesto. Fragmentos.

Last Updated on Wednesday, 21 May 2008 09:17
 

Newsflash