Login Form



Translator



sobre o proxecto

Unha serie de novos filósofos acaban de chegar á terra. Rondan e merodean a nosa sociedade, estánnos a observar, case sen ser vistos... Tan só en ocasións especiais aparecen, amósanse, déixanse ver, teñen algo que dicir, e que facer. Traen unha nova-nova que pretende romper o noso concepto sobre eles, desempolvar a súa verdade, facer anacos o acontecemento. Preparádevos, irmaos! Nunca a filosofía rexurdiu entre tanto alboroto de tanto silencio. Se agora o fai é porque algo pasa...

Aquí podes descargar xustificación do proxecto

"Houbo (Hegel, Sartre) a filosofía-novela; houba a filosofía-meditación (Descartes-Heidegger). Velaquí, despois de Zaratustra, o retorno da filosofía-teatro. En absoluto reflexión sobre o teatro; en absoluto teatro cargado de significacións. Senón unha filosofía convertida en escena, personaxes, signos, repetición dun acontecemento único e que non se reproduce xamáis" Michel Foucault, Ariadna colgouse.



A CAVERNA DE PLATÓN en Cangas: IES de Rodeira PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Thursday, 10 May 2012 00:00

O luns 21 de maio estamos no IES de Rodeira de Cangas, a través do Departamento de Filosofía do propio centro e á espera da solicitude en Deputación de Pontevedra. A actividade comezará ás 12 horas, están convocad@s @s alumn@s de 2º de bacharelato, até ás 13:45 horas, con coloquio e pequeno taller.

grazas a Noé e Alba, profesores de Filosofía do centro, así como ao propio centro e @s alumn@s que asistirán. Pronto publicamos máis info e material vencellado á actividade.

Last Updated on Thursday, 10 May 2012 16:08
 
Platón na Sala NASA PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto

Estivemos en dúas sesións en Sala NASA de Santiago de Compostela até con 3 IES diferentes. Estas son algunhas imaxes que sacamos; entre sombras da caverna, confusión e cadeas, as posicións resultan así de comprometidas:


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
entrevista de Marta Alonso PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Sunday, 15 April 2012 19:40

A continuación extracto e enlace da entrevista que Marta Alonso fai ao noso proxecto dentro do Máster Oficial de Artes Escénicas da Universidad Rey Juan Carlos. Dentro da asignatura de Filosofía.

"Para realizar este trabajo me ha parecido interesante presentar la obra de un amigo y compañero: "LA CAVERNA DE PLATÓN" de Man_Hauser. Me pareció interesante presentar un formato diferente para reflexionar acerca de lo tratado en la asignatura encontrando una idea entorno a la que hacerlo. La idea, o mas bien el estímulo, es esta performance que se presenta. El formato es la entrevista. Pero además me ha parecido interesante documentarme acerca de este trabajo escénico -cada vez mas escénico- en el que se encuentran la filosofía y el cuerpo y, en el que desde mi pinto de vista, el cuerpo está tomando cada vez más, y poco a poco, relevancia."

entrevista completa.

Last Updated on Sunday, 15 April 2012 19:48
 
PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto

teatro RESOANTE é un proxecto de INNOVACIÓN / INVESTIGACIÓN pedagóxica que pensa a diferenza entre TEORÍA e ESPECTÁCULO. Postúlase como un Laboratorio das Subxectividades e trata de contraefectuar o Imperio do Simulacro e da Visibilidade a través dunha noción ampla de tecnoloxía así como a capacidade de alta definición da imaxe. Traballamos con Artes Performáticas e Visuais, danza contemporánea, tecnoloxías dixitáis. Desenvolvemos a potencia larvaria da tradición entre herméTICa e hermenéutica multimedia; encántanos as pautas de Filosofía-Teatro, Esquizoanálise, os corpos sen órganos, o Teatro da Crueldade (Artaud, Deleuze-Guattari, o cinema de Godard...).

"Houbo (Hegel, Sartre) a filosofía-novela; houbo a filosofía-meditación (Descartes- Heidegger). Velaquí, despois de Zaratustra, o retorno da filosofía-teatro. En absoluto reflexión sobre o teatro; en absoluto teatro cargado de significacións. Senón unha filosofía convertida en escena, personaxes, signos, repetición dun acontecemento único e que non se reproduce xamais" Michel Foucault, Colgouse Ariadna.

 

Last Updated on Wednesday, 11 April 2012 15:00
 
III Festival Integrarte PDF Print E-mail
xeral - sobre o proxecto
Written by Anónimo   
Wednesday, 25 June 2008 15:36
A complexo psicosocioeducativo O Pelouro A Xeito, situado en Caldas de Tui, leva anos experimentando con novas formas pedagóxicas na procura dun verdadeiro principio da diversidade na educación. Educar para a diversidade vén sendo educar para a diferenza, xa non o respeto á mesma, senón a súa aceptación irrenunciábel e primeira en relación a calquera outro principio. Este fin de semana en concreto, temos na Abadía e Factoría O Pelouro A Xeito un festival neste senso, no que as artes contemporáneas xogarán un decisivo papel. Trátase dun encontro interdisciplinar no que o teatro, a danza, a música... conflúen como formas manifestas de educación, comprensión, diversidade... É o III Festival Integrarte que podes consultar, no que trataremos de estar presentes, e que por riba, acontecerá nun marabilloso entorno rural da galiza... Preme en III Festival... para consultar programa.
Last Updated on Wednesday, 25 June 2008 09:44
 
« StartPrev1234NextEnd »

Page 1 of 4

Newsflash