Login Form



Translator



quen somos? PDF Print E-mail
xeral - quen somos?

colaboran en teatro RESOANTE:

  • mdmme cell: músico dende os 15 anos, actualmente compaxina a súa actividade performática (concertosde piano e/ou electrónica en tempo real) con varias líñas de investigación relacionadas co son, espacio público e territorio, ademáis do seu traballo docente dende o ano 2000 no proxecto pedagóxico Orquestra 3xploratoria (taller/laboratorio de experimentación sonora). Membro da comunidade de arte e acción libre Alg-a. Membro da Orquestra de Música Espontánea OMEGA. Colabora con teatro RESOANTE como músico e artista sonoro en tar0t esquizoan4lise.
  • Paulina Funes: Artista plástica, escenógrafa e performer. Trata de aportar un elemento visceral e case cruel ao teatro europeo centrándose no inquietante e a estrañeza da escena. Paulina Funes é cofundadora das compañías TalytaKumy e FunBoa Escénica esta útlima en proceso de creación da súa peza Oiseau Rebelle. Tamén colabora como asistente de dirección e iluminadora en compañías como Traspediante ou Teatro Resoante. Con esta última colabora nos proxectos A caverna de Platón e tar0t esquizoan4lise como asistente técnica, iluminadora e fotógrafa.
  • man2hauser: Licenciado en Filosofía con Diploma (DEA) en Arte, Filosofía y Creatividad Universidad de Valencia. Posúe Certificado de Aptitude Pedagóxica pola Universidade de A Coruña. É creador deste proxecto teatro RESOANTE no que desenvolve diferentes performance, talleres e investigacións. Dirixe e intervén como performer en A caverna de Platón, desenvolve dúas sesións sobre VJ Historia do Cinema, dirixe tamén o Laboratorio tar0t esquizoan4lise. Fóra de teatro RESOANTE colabora noutros proxectos como Alg-a Laboratorio ou Universidade Invisíbel.
  • David Loira: é unha compañía de danza contemporánea nacida das mans de David Loira e residente en Espazo Aberto, en Santiago de Compostela. David Loira, director, coreógrafo e bailarín, crea DLoira en 2008 después de recorrer festivais nacionais e internacionais con anteriores proxectos e de gañar o Primer Premio de Coreografía no Certame Coreográfico de Madrid de 2007. Colabora con teatro RESOANTE como bailarín e improvisador en tar0t esquizoan4lise.
  • Ramón Palao: Licenciado en Filosofía pola USC. Mariñeiro e tradutor de profesión, na actualidade realiza un máster sobre cuestións de linguaxe, símbolo e hermenéutica. Ten participado en diferentes proxectos e compañías de teatro. Traballou enrolado no Naumon, o xa desaparecido buque teatro da Fura dels Baus. O seu derradeiro proxecto foi unha adaptación do monólogo escénico de Salvador Elizondo Pasado anterior, presentado no festival Luz e sombra 2009, no teatro Yerbabruja de Deborah Hunt, en San Juan, Puerto Rico. É membro do Colectivo Son e mantén contactos co Comando Miñorano. É actor en [[A caverna de Platón]] así como consultor habitual do proxecto, en canto a liñas de investigación, temáticas e metodoloxía.
  • Nuria Sotelo: Estuda danza clásica dos 7 aos 18 anos. Entra en contacto coa danza contemporánea a través de Chevy Muraday e do Aula de Danza da USC. Forma parte das Aulas de teatro das Universiadades de Santiago e Ourense. Foi bailarina do Centro Coreográfico Galego, Experimentadanza, Caleac Teatro, Femme Fatale, Teatro Resoante e Elefante Elegante. Participou en proxectos de diferentes artistas: Coriolano de Jurij Konjar, Movementos en ruta de Carlota Pérez, O Viaxeiro de Fernando Dacosta. Acaba de crear o seu primeiro solo "Métanse nos seus asuntos" coa colaboración e dirección de Ana Vallés. Con teatro RESOANTE colabora como bailarina e performer en A CAVERNA DE PLATÓN así como outros proxectos en preparación.
  • Carlos Suárez: Compositor e etnomusicólogo. Venezolano - Galego. Celanova 1966. Emigra cos sus pais a Venezuela en 1967 e retorna a Galicia no 2003. Estudia composición no Conservatorio Superior de Música José Ángel Lamas e electroacústica no Instituto de Fonología do Conservatorio Simón Bolívar de Caracas. Creou máis de 40 obras acústicas e electroacústicas.As súas viaxes de investigación por Venezuela e O Caribe inícianse en 1989, principalmente ás áreas culturais afroamericana do caribe e indíxena do Amazonas, onde realiza gravacións e estudos sobre música e paisaxes sonoras. Transcribiu máis de 36.000 compases de música tradicional de todo o mundo. Traballou como investigador para FUNDEF “Fundación de etnomusicoloxía e folklore”, e para FINIDE “Fundación internacional de etnomusicoloxía” durante 10 anos. No ano 2006 gaña en Venezuela o premio nacional de cultura polo seu libro, “Los chimbángueles de San Benito”. No ano 2003 retorna a Galicia, iniciando os seus estudos da paisaxe sonora galega co colectivo escoitar.org. Forma parte do equipo de tar0t esquizoan4lise.
 

Newsflash