Login Form



Translator



acontecemento PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos
O acontecemento non é o non esperado; senón o inesperado, é dicir, o in-esperado, o in(dentro)esperado. É polo tanto o que sucede dentro da espera, o que se comprende tan só dentro da espera, o que ten unha causa im-plícita, nunca ex-plícita, ten logo unha casi-causa (Deleuze)... O acontecemento pertence á esfera do posíbel e do probábel, pero tende casi ao im(dentro)posíbel e ao im(dentro)probábel... que é propiamente a súa realización como esplendor, luz, virtualidade, forza, potencia, capacidade... (que non acto...) dun estado de cousas. O acontecemento é por iso desterritorialización: excitación molecular e cuántica do territorio, emerxencia da terra. E verdadeiramente, non hai outro...
 

Newsflash