Login Form



Translator



in-esperado, o PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos
Xa dicía Heráclito: "Se un non espera o inesperado, non o atopará, pois é difícil de escudriñar e alcanzar"; ou!! e canta sabedoría contiñan as súas verbas!! Un pensamento totalmente contemporáneo; un pensamento que define a razón do acontecemento. I esta razón non é outra que a in-esperanza, o in-esperado. Hai que esperar, certamente; máis hai que agardar o inesperado, é dicir, o in-esperado, é dicir, o in(dentro)esperado. Soamentes entón acontecerá: o acontecemento como tal. Pois non é senón unha definición do acontecemento, en todo o seu esplendor... Trátase entón de esperar (agardar) dentro, non tanto de non agardar... Así, unha espera que espera o imprevisto, unha espera onde o imprevisto sexa previsto (pre-visto: theoría...) tan só dentro da propia espera, é dicir, segundo unha perspectiva interior a mesma, unha perspectiva sutil, implícita, que cadaquén poida comprender por si, nunca unha comprensión, unha razón, externa, nunca unha causa-efecto, senón unha posibilidade que só agora, despois de que acontecera vemos que era posíbel, unha tendencia, unha inclinación, nunca unha necesidade, só unha casi-causa (Deleuze)... Sen embargo, o paradóxico non queda aquí, está aínda un pouco antes: pois se ben o inesperado aparece como tal: non-necesario, casi-causa, etc. hai pola outra banda unha necesidade: necesidade de que para que xorda o inesperado, compre esperar, agardar. Cómpre quedarse na espera, dentro dela... i é entón, só entón, que accedemos á in(dentro)espera, ao acontecer puro. Por iso sen haber unha causa directa dicimos que hai casi causa: porque a espera o que nos dá, o que nos garantiza e que acontecerá o in-esperado, o acontecemento como tal... o que non garantiza nin pode garantizar, é qué cousa en concreto será ese acontecemento... o que tampouco significa que poda ser calquera cousa... pois hai relación: a casi-causa non é nexo caprichoso, nin aleatorio. Certamente, non é causa-efecto, non determina: mais a-proxima, a-cerca, in-duce, móvese na posibilidade e na relatividade, nun sentido cuántico tamén. [véxase substancia]. Zaratustra é un paradigma da in-espera: porque el entrégase a súa soidade, á montaña, ao ar, á natureza, á noite e ao día... coa convicción de que algo sucederá, de que o acontecemento virá... para transformalo, para partilo coma un raio que non é que non-espere, senón que espera, pero que só dentro-espera, in-espera... Por iso non sabe qué acontecemento será ese, non sabe qué lle traerá... Espera, agarda, sabe que na medida en que se achegue a ese instante, na medida na que in-tensifique a súa espera, o acontecemento será máis probábel, ao tempo que máis coñecido o seu efecto, máis próximo, máis reducida a súa aleatoriedade... No límite, coñecer o efecto do acontecemento mesmo, e o acontecemento, se transforman nunha mesma cousa; todo dentro da espera; na in-espera, na hora do raio... Por elo o in-esperado non é o non-esperado, senón o denro-esperado... o esperado nun émbito, entorno, clima... de relatividade, de interioridade, de posibilidade, de virtualidade...
 

Newsflash