Login Form



Translator



alma PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos
Alma é unha capacidade; a virtude e a forza da perspectiva, do punto de vista. Na caverna de Platón é un concepto fundamental: adquirir a perspectiva da alma e saírnos do dominio que se nos impón na caverna, nos medios de comunicación, no que se nos di, no que nos é dado... É darlle ás cousas a posibilidade de reflexarse no noso interior, de adquirir volume, dimensión, resonancia... e ampliar así, amplificar, a mera sombra á que nos ten acostumados. Alma é entón volume, dimensión, resonancia, virtude, camiño incluso e pedagoxía: porque soamentes na medida na que nos clarexemos a nós mesmos, neste espazo interior, é posíbel clarexar o que acontece afora. O mundo interior e o exterior se acoplan desta maneira
 

Newsflash