Login Form



Translator



in-substancial, o PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos
Dícese do que se soporta... mais tan só en si mesmo, para si mesmo, dentro (in) de si mesmo. A in(dentro)substancialidade é a in-manencia mesma, o corpo cheo inmanente, que medra en virtude da súa propria razón e sen razón, pois medra a partir da súa razón e da súa materia, do seu impulso (pulo). A in-substancialidade é a in-tensidade pura, é dicir, aquilo que se tensa, se relaciona, se cohesiona, se soporta, se estructura... tan só dentro de si mesmo, en si memso, sen relación a un afora. Que a cotío se teña entendido a in-substancialidade como o non soportábel (o que non se soporta, o que non se mantén, o simplemente efímero e des-composto...) manifesta tan só unha visión reducida da verdadeira realidade e polo tanto da substancia: ou incluso un medo noso, particular, de xénero, da especie: ao in-soportábel; é dicir ao que se soporta dentro, en si mesmo, por si mesmo... A tele-Visión é i pode ser a máquina (o plan) por excelencia dunha verdadeira in-substancialidade do real.
Por outra banda, foi Nietzsche quizais quen afirmou definitivamente esta in-substancialidade do real, ao tempo que a relacionou cunha comprensión pathética da mesma, é dicir, cunha virtude (potencia, capacidade, forza, virtualidade) do coñecemento non-obxectivo. Precisamente a maneira que temos segundo de Nietzsche de afrontar a verdade é afrontar o insoportábel: "canta verdade es capaz de soportar?" -pregunta Zaratustra. I é que a verdade maniféstase, prodúcese no límite do soportábel, no límite do substancial, tendendo xa ao in-substancial, ao efímero da percepción e da comprensión, ao desterritorializado e non-obxectivo... A verdade irrompe como aquelo que desbaraxusta o noso soporte de suxeito, aquilo que nos rompe os esquemas (kantianos), nos dilúe, nos disolve... nun proceso no que o mesmo enfermar e padecer dun suxeito é camiño de enriquecemento e crecemento do mesmo [véxase saúde] e polo tanto derruba tamén finalmente as condicións obxectivas da verdade.
 

Newsflash