Login Form



Translator



tele-Visión PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos
s.f. Visión a distancia. Dícese da capacidade, que non ter por qué ser en acto [véxase actualidade], de poder ver a distancia, ver aquilo que está lonxe, separado, marcado pola diferenza. Para algúns isto está relacionado con certa noción ou comprensión nova da metafísica máis tradicional: na medida en que podemos ver o outro, o distante, o que está alén, transcendemos a dimensión espazo-temporal presente e accedemos polo tanto directamente á outra (meta) dimensión (física). Agora ben, as cousas póñense entón peliagudas, e hai que hilar fino: é verdadeiramente isto unha visión (theoría) ou máis ben un cegamento, tal como aconsella Platón no seu relato? A única opción que temos para que a tele-Visión sexa unha capacidade, un poder, unha potencia... é convertila niso: en virtude, forza, perspectiva... orienténdoa cara o virtual [véxase virtualidade] e renunciando por iso mesmo, por principio ao acto e á actualidade. É precisamente a tele-Visión como máquina ou aparello de actualidade o que nos mantén nuha concepción pechada e sen saída dunha suposta metafísica da mesma: ao reducirnos ao acto. Pola contra o uso decidido e exclusivo do tele-visivo cara o virtual condúcenos verdadeiramente a unha nova capacidade, a unha nova posibilidade, que remove e renova os fundamentos máis asentados e pesados da tradición metafísica: aquelos polos cales a realidade se sustenta [véxase substancia] nun acto, nun estado de cousas determinado, e non se compón pola contra pola común in-substancialidade de multiplicidade de puntos de vista interrrelacionados, máis sen soporte derradeiro... A tele-Visión tense que converter nun plan de realidade in-substancial, e canto máis in-substancial, máis verdadeira...
 

Newsflash