Login Form



Translator



virtualidade PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos
A cotío pensamos que virtualidade é sinónimo de vaidade, de non efectividade, a entendemos dun xeito pexorativo. Mais verdadeiramente, o étimo vén do latín virtus (virtude, potencia, forza...) o que semella ser case o contrario ao que entendemos: o contrario daquelo sucede tan só ao marxe, tan só na ilusión, tan só na imaxinación, etc. Virtual é todo aquelo que pode ser, que ten capacidade e potencia para ser. Por iso, aínda que a virtualidade non nos leve directamente á acción si que a debe dimensionar, ampliar ou “amplificar”. O virtual pode abrir as portas do presente e permitirnos coñecer os seus mecanismos; aínda que non sexa estes mesmos mecanismos, o virtual está implicitamente neles, é unha interioridade que ha de permitirnos desenvolvelos a outro nivel, con outra conciencia, con outro sentido, con outro valor. Resulta por tanto fundamental para que o noso pensamento adquira distancia, tempo propio, espacio... Mais é precisamente isto o que leva facendo a filosofía dende hai séculos! Dende que Platón falou do seu Mundo Intelixible e da súa cidade ideal ou República, a filosofía non vén senón introducindo razoadamente a presencia do virtual no coñecemento. A virtualidade non é propiamente tal cando se emprega para a evasión, para a distracción, para o adormecemento, para o esquecemento... A virtualidade ten que amosar a potencia do posíbel no real. A filosofía leva séculos non facendo senón isto. A filosofía, é virtual.
 

Newsflash