Login Form



Translator



resonancia PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos

Resonancia é volume, dimensión, ámbito, corpo cheo, que se enche, en si mesmo. A resonancia é basicamente outro xeito e entender a relación causal: a tradicional causa-efecto que dende Aristóteles cecáis, vénse entendendo dun modo determinado, unidireccional, segundo a primacía dun primeiro elemento (substancia) respecto doutro... Pois ben, o que propón a resonancia é a noción dunha causalidade aberta, rachada, por multiplicidade de puntos efectivos, os cales a súa vez, ao seu tempo, son efectos, resultados. Desta maneira causa e efecto involúcranse, im-plícanse, fan bucle ou rizoma o un co outro retroalimentándose de tal xeito que non sabemos, non podemos saber, cal é causa e cal efecto de cal. A relación, a donación de sentido... é mutua, rizomática, resoante... Creáse entón o volume, a dimensón, o ámbito como corpo que medra sen referencia externa, en si mesmo, pois inclúe causa e consecuencia, non hai nada fóra que o faga medrar, nin nada fóra cara o que poda medrar. Unha cousa é a outra, a orixe e a fin, in-clúense nun mesmo proceso, nun mesmo crecemento, nunha mesma in-tensidade. A relación directa e determinada tradicional da causa-efecto trócase tamén por unha relación indirecta, aproximativa, indeterminada, ilocalizada... da resonancia. A resonancia énchese, en si mesma, indiferenciando forma e contido, é volume en si mesma, e tódolos puntos, compórtanse como partículas soltas, moléculas sen átomo, sen centro, descentradas, diseminadas, sendo cada unha delas ao mesmo tempo causa e efecto dun sin fin de cadeas que se forman e se cruzan, e se renovan, e se esgotan... sen fin: sen teleoloxía, in-manentemente, ab-solutamente, pura potencia e virtualidade in-finita...

 

Newsflash