Login Form



Translator



actualidade PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos
A actualidade refírese a un estado de cousas: obxectivo. Mais a actualidade non é todo o que acontece: non esgota nin moito menos o acontecemento. Pola contra o acontecemento, a realidade, ten infinitas dimensións das que a actual é tan só unha delas: precisamente a inaccesíbel en si mesma, para ninguén, dende ningunha perspectiva exclusiva. Por iso, máis que excluír ao resto de perspectivas, a perspectiva actual é i ten que ser excluída por si mesma. Que é o actual? Ninguén o sabe, ninguén o ve... tan só se confiigura con aquelo que todos e cada un de nós non podemos ver, chegar, acceder, coñecer... É o descoñecido común, aquilo que de estar tan no fronte, tan na superficie do acontecemento, pasa, por isto mesmo, por inadvertido; necesariamente, por definición. Os medios de comunicación contemporáneos, o xornalismo en xeral, fachendéase de tratar o actual, a actualidade do acontecemento; máis nos enganan, engánanse eles mesmos: tal actualidade non existe; non é aprehensíbel por eles nin por outros; por ninguén... Esa actualidade é o indominábel, o intratábel, o non-tematizábel... Os medios de comucación, a tecnoloxía audiovisual ten que porse pola contra ao servizo do virtual, renunciar á perspectiva actual, obxectiva, verídica... dos feitos, e recobrar, paradoxicamente, nesta renuncia, a súa verdadeira potencia; toda a súa potencia, virtude, forza [véxase virtualidade]... Mentres tanto, o poder da imaxe tecnolóxica, da gravación, do multimedia... estará arruinado, esgotado, impedido, encorsetado, reprimido... para o beneficio e control duns poucos; que vén sendo o dominio e control de todos.
 

Newsflash