Login Form



Translator



espírito PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos
O espírito é aquelo que vaga e transita, que se supera... a través da dor e do desgarramento, dinos Hegel. Existe o espírito? Esa é a pregunta. Mais quizais tamén sexa a resposta. Pois o espirito; non é unha dúbida, unha relatividade, unha incerteza, un misterio, unha in-quedanza...? Non precisa o espírito para comprenderse, que nos introduzamos, adentremos... no seu misterio? Non se leva así á substancia, ao que é permanencia e soporte... cara o insubstancial, o in-substancial, o in(dentro)substancial? Aínda que algúns, ou moitos, critiquen a Hegel por facer na Fenomenoloxía do Espírito un falso movemento do ser, aínda arraigado a unha concepción fixista e exclusivamente racionalista do devir e da realidade, o que non se pode negar é que a súa concepción tende e fai tender á sub-stancia cara a in-substancialidade: quen non escoitou nunca dicir que Hegel só ten razón dentro do seu sistema? que emprega un razoamento capcioso e absorvente? Certamente, ou in(dentro)certamente; o desenvolvemento de Hegel soamente se entende adentrándose un o máis posíbel no que el mesmo evoca, naquelo que aínda dicíndose, queda sen dicir, aquelo que só se pode comprender dentro dos supostos que se despregan, incluso pro-nominalmente... Quero dicir, Hegel fortalece e nutre como ninguén unha noción de espírito na nosa cultura: porque lle dá unha consistencia ao mesmo exclusivamente interna, unha in(dentro)consistencia, unha in(dentro)substancialidade... que é xustamente o que precisa o espírito para ser: in(dentro)consistencia, dúbida, misterio, in(dentro)certeza... E por iso tamén ás veces ler e comprender a Hegel, resulta tamén tan in(dentro)soportábel...
 

Newsflash