Login Form



Translator



re-sistencia PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos

Contra unha concepción reactiva da re-sistencia, podemos vincular esta noción ao retorno e a permanencia do estar no mundo (Heidegger). O que re-siste é o que volve sobre o seu estar: positivamente, sen mediación negativa, un estar no que a conexión de sucesivos momentos vén marcada pola inmediatez mesma; o volver. Neste senso a re-sistencia relaciónase coa teima nietzscheana do eterno retorno e mesmo pon en cuestión o paradigma existencial da ontoloxía occidental válido ata Heidegger. Resistir é un acto perfectamente positivo, non se ten porqué resistir a nada, ante nada, podemos prescindir do suplemento... senón que o mero feito de re-sistir, de volver sobre o estar caracteriza un devir que de nada carece e aumenta na súa inmanencia a nosa vontade de poder.

Mais a resistencia tamèn aparece en electrónica e en tecnoloxía. Como aquelo que permite manter un diferencial. Tamén artigo de Man_Hauser a Re-sistencia

 

Newsflash