Login Form



Translator



insistencia PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos

Permanecer dentro (in) do estar-no-mundo. Non ter acceso ao afora como apertura. Non ter acceso polo tanto a un estar ante as cousas mesmas, non verse arroxado na facticidade que supón o mundo en tanto que Acontecemento. Se Heidegger nos fala do ser-aí en tanto que aberto na existencia, e Foucault parece que quere facer a operación contraria de pechar o afora e pensar os mecanismos aos que está sometido ese ser aí e que por tanto condicionan e pechan unha suposta apertura sen máis; a insistencia é o modo polo que se abre igualmente un espacio, unha dimensión, un corpo ou un fluxo... máis non en relación co exterior propiamente, senón unha dimensión que xorde na mesma inmanencia do seu devir.

 

Newsflash