Login Form



Translator



subxectividade PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos

A subxectividade (que aquí suxerimos) é larvaria; non afirma polo tanto un suxeito. O suxeito, como instancia fixa que se aferra, que se suxeita a algo, que pode permancer nese contexto de suxeitamento... non existe. Non afirmamos que exista. Antes ben, evitamos a súa existencia. O cal non quere dicir que en certo modo poidamos afirmar a súa insistencia, resistencia. Que o suxeito insista e resista ten que ver con algo así como que o que existe é soamente unha subxectividade. Con isto se quere dicir: que o que existe é unha tendencia, un pulo, un algo-desexante, algo que quere e que se sae de si, algo que se abre, pero que como tal, como tal tendencia e apertura, non está presente de inmediato na superficie do que acontece; na superficie do Acontecemento. Non podemos constatar na superficie do acontecemento máis que o libre xogo eventual de particularidades interactivas e su-poñemos unha sub-xectividade como algo que acontece noutro nivel que a mera superficie, mais da que temos conta sempre, dalgún modo, que hai algo máis que a mesma.

"Cando Artaud falaba do teatro da crueldade, soamente o definía por un extremo "determinismo", o da determinación espazo-temporal, en tanto esta encarna unha Idea da natureza ou do espírito; como un "espazo axitado", movemento de gravitación xiratorio e ferinte capaz de alcanzar directamente o organismo, pura posta en escena sen autor, sen actores e sen suxeitos. Non se cavan espazos, non se precipitan ou se fan máis lentos os tempos, senón ao prezo de torsións e desprazamentos que movilizan, compromenten todo o corpo. Atravésannos puntos brillantes, as singularidades fannos retroceder, por doquier reina o pescozo da tartaruga e o seu desprazamento vertixinoso das propovértebras. Incluso o ceo sofre dos seus puntos cardinais e das súas constelacións, que inscriben na súa carne unha Idea, como "actores-soles". Por conseguinte, hai actores e suxeitos, mais son larvas, porque son as únicas capaces de soportar os trazados, os desprazamentos e as rotacións. Despois é demasiado tarde. E é verdade que toda Idea fai de nós larvas que pariron a identidade do Eu [Je] como semellanza do eu [moi]. O que expresamos mal cando se fala de regresión, de fixación ou de detención do desenrolo. Pois non estamos fixados a un estado ou a un momento, senón sempre fixados a unha Idea como polo resplandor dunha mirada..." Deleuze Repetición e diferencia.

"O suxeito, segundo toda unha tradición da filosofía e das ciencias humanas, é algo que atopamos coma un étre-là, algo do dominio dunha suposta natureza humana. Propoño, pola contra, a idea dunha subxecticidade de natureza industrial, maquínica, isto é, esencialmente fabricada, modelada, recibida, consumida" Guattari, Micropolíticas. Cartografías do desexo.

 

Newsflash