Login Form



Translator



tecnoloxía PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos

A tecnoloxía é toda técnica mediada polo Logos ou o modo de facer conciencia durante o proceso de activar unha técnica, un mecanismo. Nesta mediación pasamos de ser unha máquina técnica ou un mecanismo, a ser unha máquina tecnolóxica, ou unha máquina sen máis. A tecnoloxía é o modo de acoplar conciencia dalgún tipo a un mecanismo. Por iso, hai tecnoloxías ao noso redor, por doquier, ou polo menos, hainas potencialmente. Hai tecnoloxías do eu xa nos estoicos e mesmo no cristianismo, como formas de mediar e capturar o mecanismo sexual, segundo técnicas de ascetismo, disciplinas, etc. Logo o ascetismo, o ioga, por exemplo, pódese entender coma unha tecnoloxía. O iogui é tecnolóxico, ou digamos que aplica unha tecnoloxía aos mecanismos das articulacións do corpo (entre outras cousas: respiración, chakras, etc.) e alén de empregar esas articulacións para os seus supostos fins, as libera e emancipa deses fins e se re-crea (virtualmente) nelas. Logo... as tecnoloxías: son re-creativas? Sen embargo, propiamente, non estamos dacordo en dicir, seguindo co exemplo do iogui, que este practicante tecnolóxico, se suxeita demasiado a unha táboa, a unha metodoloxía de facer esa tecnoloxía, e polo tanto, remata nunha mera técnica de ioga que non a emancipa nin lle é re-creativa, ou liberadora, ou potencializadora... entón non é tecnolóxico. Por iso, o tecnolóxico, amenza con ser exclusivamente occidental, na medida en que as outras culturas, a pesares dos grandes saberes e técnicas que atesoran, normalmente non as desvencellan de prácticas relixiosas que non liberan as súas máquinas de guerra correspondentes.

O que resta por pensar entón, é o que en principio nos parece máis inmediato e evidente; en qué medida as sociedades da comunicación e ferramentas dixitais son ou non tecnolóxicas. O que aquí nos dá por pensar é que hai efectivamente unha inmensa industria encargada de mediatizar o mensaxe mesmo, a información, de xestionala e dar as condicións da súa produción. De feito, gran parte de esa produción da que falamos é tecnolóxica; é dicir, se inserta en máquinas de fuga que o propio capitalismo acepta e provoca incluso no seu seo. Polo tanto, a relación do capitalismo coa tecnoloxía é iso que hai que pensar. Parte disto se pensa en torno ao capitalismo cognitivo. Pero que este capitalismo post-industrial e post-fordista, nos permita e mesmo nos invite a subvertir mecanismos polo puro placer de facelos, e se apropie sen cesar das tecnoloxías libertarias que uns poucos argallan orixinariamente, non quere dicir que ese capitalismo sexa tecnolóxico, senón máis ben que se encarga de capturar eses avances e de arruinar as nosas máqinas e os nosos acoples.

Bibliografía:

 

Newsflash