Login Form



Translator



alta definición PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos

A alta definición refírese á máxima particularidade, ao máximo detalle, á extrema definición coa que se aparece (en principio) a imaxe, a visión no pensamento. Esa imaxe-visión que se aparece no pensamento de modo súbito e irrevocábel, sen posibilidade de elección, nitida e clarividente, e ante a que non é posíbel ceder na súa aparencia. Entón, esa aparencia, sen profundidade, esa superficie, sen causa, sen fundamento, fugaz absoluto, interfaz ao marxe das súas razóns e/ou programacións, xustíficase por si mesma, até o punto, de que non só non precisa outras xustificacións, senón que dá lugar ela de por si, a novas xustificacións, campos ou territorios discursivos novos, in-existentes até entón, até a aparición da imaxe na súa alta definición. Esta concepción da imaxe e o seu carácter tráxico e irrevocábel, vén a reformular o sentido do apolíneo na cultura (especialmente na occidental) ao deixar de conformar o seu sentido de mera harmonía e ornamento, para cargar ao superficial e aparente, dunha forza extra, que vai alén do definido á high definition e reformula polo tanto a intensidade e potencia da superficie en si mesma. Que a cultura e a produción cultural occidental ten que pasar (ou podería pasar e renacer) a partir desta re-formulación do apolíneo segundo a alta definición é algo que quizais caiba ainda pensar, e que parece, pode estar en relación co caracter tecnolóxico da nosa sociedade. Agora ben, hai que ter tamén coidado co desenvolvemento e as implicacións que lle damos ao tecnolóxico do mesmo modo que lle estamos dando unha particularidade especial á alta definición. A posibilidade de reinventar a nosa cultura e o noso imaxinario a partir da alta definición e do tecnolóxico, é dicir, a partir da superficie da imaxe e da pantalla no acontecemento do simulacro (A caverna de Platón) ten que ver, necesariamente, nalgún punto, cunha recuperación tamén da intensividade espiritual de Dionisos, a carga emocional da vontade in-definida, todo-unha, fluxo do devir no que continuamente se transforma o mundo, e que é o que permitirá ao cabo, darlle desenvolvemetno propiamente á imaxe como instante absoluto, tráxico e desgarrador. A alta definición e a tecnoloxía aparecen senón como límite e muro infranqueábel na nosa sociedade e porvir, a esperas de conquistar un novo horizonte, que a súa vez, soamente empregando a súa capacidade de prego, de re-articulación de potencia, de xeración de novos territorios e discursos, podemos conquistar.

 

Newsflash