Login Form



Translator



teoría PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos

Paradoxicamente, a teoría é un instinto do ser humano; antes que unha eventualidade. Precisamente, ao entendelo como eventualidade lle quitamos á teoría a súa capacidade absoluta. A teoría pois como tendencia, pulo inevitábel, irreparábel... aquelo que nos arranca do noso bios (sistema!); pero de novo: non nos arranca por casualidade (xa non sería propiamente arrancar, desgarrar...), nin eventualmente. A teoría está, cada vez máis, na post-modernidade e na post-historia, no especificamente contemporáneo en relación co seu contrario: a vida como zoé, latencia, instinto inconsciente, casi mecanismo, vexetal, mineral, o resorte da trascendencia, a trascendencia como resorte, ex-tático!!

“A teoría non é do pensamento, certa cantidade coagulada, manufacturada, de pensamento. A teoria é un estado, un estado de estupefacción. Teoria do Bloom onde o Bloom non é o obxecto da teoría onde a teoría non é senón a actividade máis familiar, a tendencia espontanea dunha criatura esencialmente teórica, dun Bloom. A teoría NON TEN FIN" Tiqqun, Teoría do Bloom.

 

Newsflash