Login Form



Translator



herméTICa PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos

Dentro da posíbel discusión entre Hermética e Hermenéutica, defendemos/creamos unha terceira vía: esta herméTICa. Falamos de herméTICa para aquela forma de relacionarse coa tradición e o seu imaxinario, non simplemente interpretando, como fai a hermenéutica, senón empregando as TIC's e polo tanto transformando, manipulando, producindo ao mesmo tempo esa tradición. De feito o probloema da hermenéutica coidamos é precisamente ese: que sigue interpretando. Quédase na "conciencia de" e por iso mesmo, non é capaz de pasar, saltar o abismo da acción e da realización. Pola contra, xa a hermética como tradición sitúase nese punto: a alquimia e a maxia en tanto que vínculo do espiritual e o material. A alquimia vén sendo esa implicación espiritual, metafísica, cognitiva... estrañamente, na materia.

 

Até qué punto a hermética é efectivamente pechada, supersticiosa, esotérica e qué queren dicir estas verbas, é en si un asunto. Porque moitas veces é posíbel entender que o seu cripticismo e isolamento orixínase como medida de defensa, proteción, amparo desta ciencia ante @s non iniciad@s. Trabalinguas sen apenas senso, xogos de palabras nos que se entreteñen quen non chegará a aprofundar nos seus asuntos. Sen embargo aquí damos un enfoque un tanto máis amplo: a través das TIC's o pechado da hermética tradicional, adquire puntos de apertura, interactividade, conexión, decodificación. Unha herméTICa que a través das TIC's poida conectar o pechado e inacesíbel, abrir buracos no isolado, circuitear o(s) afora(s) e o(s) adentro(s).

 

Son técnicas para unha nova herméTICa: os dispositivos móbiles, a realidade aumentada, os sensores e procesadores tipo arduino, pure data, GPS, etc. Eles permítennos transcodificar os datos da natureza, transmutar as súas canles de conexión, disociando fontes, rompendo causas-efectos, abrindo un espazo de enunciación e sentido onde a interpretación pasa a ser produción dun entorno con imputs e outputs materiais e da natureza.

 

Newsflash