Login Form



Translator



in-sustentabilidade PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos
A in-sustentabilidade do noso sistema ou forma de vida ten que transformarse dunha non-sustentabilidade nunha sustentabilidade que aconteza dentro da terra, do seu horizonte, é dicir, sen normas nin leis que regulen o seu uso, o emprego dos seus recursos; e polo tanto fóra do dominio territorial subxectivo ou intersubxectivo da mesma... Cómpre unha nova distribución dos nosos recursos, unha política e unha economía novas, non-capitalistas, pois ao fin e ao cabo é o capital o que está territorializando os nosos bens e a nosa política, o que fai levar ao intercambio cára o fío exclusivo da plusvalía capitalista, a única medida... É sen embargo inevitábel que a terra pase por un periodo de insustentabilidade: como non o vai pasar se somos máis de 5000 millóns de persoas vivindo e derrochando a todo tren?? Mais este periodo de in-sustentabilidade inevitábel ten que pasar a significar non unha non-sustentabilidade, senón unha in(dentro)sustentabilidade: un adentrarse nos procesos que sacan á terra da súa estabilidade, do seu centro, e a des-centran cara fenómenos e acontecementos extremos, nos que o potencial telúrico desatado ex-cesivamente é condición necesaria para probar ao ser humano: probalo fóra de si, alter-ado, fóra das súas comodidades sedentarias, expulsado do seu "rincón tranquilo" e opulento... Temos que vivir este proceso de in-sustentabilidade, que tratamos dominar exteriormente, como un proceso no que hai que adentrarse, incluirse, integrarse, disolverse incluso, un proceso ab-soluto... facendo en último termo da in-sustentabilidade unha auténtica selección, un refinamento e incluso... unha transformación!! Pasar dos nosos hábitos máis cómodos e destructivos comedio externo a hábitos que se sosteñan fóra do noso centro, fóra do noso dominio, na terra mesma e xa non no territorio que domina a nosa subxectividade ou intersubxectividade... A ex-istencia pasa a ser unha in-sistencia do ser humano xunto ás forzas da terra: as forzas do vento, do ar, do mar, as convulsións internas da terra mesma... desatadas; toda a forza do deserto... todo o noso potencial telúrico-animal in-controlábel...
 

Newsflash