Login Form



Translator



dor PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos
A dor é a manifestación esencial do espírito en Hegel, polo menos dende o lado da súa incomprensión, da separación, da distancia, da diferenza... que o reconciliaría coa razón absoluta. Dor é por tanto apertura, desgarramento, fractura, abismo... na in-comprensión. Agora ben, esa mesma dor da separación, pódese converter en razón, unha vez integrado ese desgarramento, ese abismo, a contradicción... A dor forma parte do in(dentro)soportábel da razón, e a separación, a determinación que nos rodea, é algo que podemos que comprender no absoluto do desenvolvemento, no desenvolverse mesmo, no movemento... Por iso, a pesares das numerosas críticas contemporáneas a Hegel, podemos dicir que este traballa cunha noción ampliada de razón: unha razón que inclúe o pathos e a paixón como motor: a diferenza, a crise e incluso a esquizofrenia son fundamento da racionalidade, momentos esenciais da mesma, que soamente se poden resolver vivíndoas dende dentro, como parte do proceso... Hai por tanto en Hegel o principio dunha clínica da razón, da que Nietzsche xa fará motivo e incluso fin da súa propia vida.
 

Newsflash