Login Form



Translator



terra PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos
Terra é materia desterritorializada, emerxente, excitada, liberada das súas estructuras i en xeral, liberada do dominio obxectivo da subxectividade. A noción de terra xorde xa non como concepto, senón como horizonte; é dicir, plan que soporta e sostén conceptos máis que concepto en si mesmo. Efectivamente, terra é plan(o), incluso no sentido de estratexia, de proxecto... "Sexa o superhome o sentido da terra" dínos Nietzsche, i entón, por vez primeira seguramente, obtemos unha finalidade non-obxectiva, non delimitada, non conceptual... senón unha finalidade, un dirixirse a algo... que non se chega a acadar [un desexo sen obxecto (Deleuze-Guattari)]; pois é un dirixirse a un horizonte, adentrarse nun ámbito, crear-provocar unha probabilidade, introducirse nunha in-tensidade, cargar incluso esa mesma in-tensidade [véxase o in-esperado]... O sentido da terra é entón a orientación cara a desterritorialización, e polo tanto, cara a in-determinación, cara a potencia do relativo e virtual da materia, optar por facer cada vez máis firme e rotunda a non-firmeza, ou mellor, cada vez máis firme e rotunda a in-firmeza, in-certeza, o in(dentro)substancial... A in-sustentabilidade do noso sistema ou forma de vida ten que transformarse dunha non-sustentabilidade, precisamente, nunha sustentabilidade que aconteza dentro da terra, do seu horizonte, é dicir, sen normas nin leis que regulen o seu uso, o emprego dos seus recursos; e polo tanto fóra do dominio territorial subxectivo ou intersubxectivo... Cómpre unha distribución nova dos nosos recursos, unha política e unha economía novas, non-capitalistas, pois ao fin e ao cabo é o capital o que está territorializando os nosos bens e a nosa política, o que fai levar ao intercambio cára o fío exclusivo da plusvalía capitalista, a única medida... Terra é fin como volume, resonancia, no que os arranxos son precismanete resoantes, rizomáticos, rexidos pola casi-causa, nos que polo tanto o valor económico de cada cousa está inmerso nunha rede complexa doutros valores que descentran o arranxo capitalista e a súa exclusiva plusvalía; pasamos así, dunha eco-nomía (leis e causas-efectos) a algo semellante a unha eco-loxía (sempre que aquí logos non signifique causa-efecto da razón... quizais teríamos que falar dunha eco-pathía en tanto que razón ampliada, amplificada, simpatizante, ou algo así...). Este tipo de ecorrelacións e xestión de recursos soamente son soportables sobre a base das asociacións, ong's i en xeral a xestión do terceiro sector; imposíbel tanto para as empresas privadas por si mesmas como para o aparato público...
 

Newsflash