Login Form



Translator



sombras! PDF Print E-mail
xeral - glosario de conceptos
Sombras! son os fundamentos da caverna, os seus elementos mínimos, as súas partículas, as súas moléculas... É a materia mesma do engano, do simulacro, das marabillas que se producen nas profundidades escuras do subterráneo, principio da ilusión. Mais, por iso mesmo, conteñen tamén potencia e virtualidade, e non deixan de ser, o comezo inescusábel do coñecemento, o principio do camiño, da ascensión dialéctica cára a luz. Pois ata en Platón, son o punto de partida da paideia: todos comezamos a coñecer dende as sombras, ningún nace xa a plena luz do día... Se vamos ao televisor, como caverna moderna, atopámonos directamente con estas sombras: nunha ocasión moi especial. Trátase do televisor des-sintonizado, a pantalla da neve, peza fundamental do vídeo e da performance de A caverna de Platón. Que é o que vemos nesta imaxe? Sombras! É dicir, multiplicidade de puntos en branco e negro sen conexión lóxica ningunha, material bruto da imaxe, potencial do aparato do televisor sen canalizar... Agora ben, por isto mesmo, son comezo da virtude, da virtualidade, da capacidade e do coñecemento amplificado, resoante... Pois estas sombras forman verdadeiramente un plan desterritorializado, un plan de absoluta emerxencia; fixémonos: non deixan de ascender estas sombras! á superficie. Diseminación de puntos sen centro, deslocalización e ilocalización dos mesmos, estado cuántico e molecular da materia excitada, sen lindes, sen fronteiras, sen formas nin estructuras que a constriñan... O televisor amosa ser así, ao tempo que signo de retorno do instante platónico, o seu punto de inflexión, a oportunidade de cambiar, trastocar, invertir, transformar... os seus efectos. Na medida en que o televisor posúe este tratamento molecular e desterritorializado, diseminado, dos seus elementos mínimos, convértese en máquina de virtualidade, de capacidade, máquina resoante e de coñecemento, onde a subxectividade e a perspectiva poden desenvolver toda a súa potencia clínica sobre o acontecemento, dirixirse cara as entrañas desterritorializadas da materia. O televisor pasa a ser así un tele-Visor. E certamente, hai terra, pode haber terra, e non territorio, no plan do tele-Visor.
 

Newsflash