Login Form



Translator



xeral
  • material multimedia

    Estos son materiais multimedia feitos partindo de cada traballo escénico ou performático mais cun emprego independente. Dende materiais de consulta até materiais válidos como recursos pedagóxicos de emprego lectivo. Trátase de darlle unha significatividade non logocéntrica á tradición que se amplifica e resoa nos materiais (igual que nas performances). Amosamos en qué medida os pensamentos filosóficos doutras épocas insisten e subsisten na nosa contemporaneidade. Consulta a continuación os materiais preparados para cada tema, unha sorte de manuais hipertextuais / hipermediais:

     

  • glosario de conceptos

    Conceptos diseminados, espallados, esparcidos... a favor i en contra da tradición, tratando de abrir precisamente un termo medio, un plan intermedio, polo que a propria tradición vaia, paradoxicamente, alén de si mesma; porque os conceptos tradicionais, de sempre, podan dicir, ben mirados, máis do que din en principio...

     

  • vídeo-instalación

    Velaquí a culminación do proxecto! O seu verdadeiro evento! Unha vídeo-instalación teatralizada, dramatizada... lista para acudir ao teu centro de estudio, a túa asociación... Especialmente pensada para os centros de bacharelato propónse recorrer toda Galicia, alí onde se lle solicite, onde escoite a voz miúda do lamento, do pobo, do intelecto... A instalación a formamos un pequeno equipo interdisciplinar interesado nas linguaxes máis contemporáneas de teatro, danza, audiovisual... coas que adaptamos e recreamos o famoso relato platónico. Pasen e vean! esta caverna, está chea de sorpresas, de dramas, de intensidades, de desexos... Quen dá máis?

    descarga aquí dossier da instalación

  • sobre o proxecto

    Unha serie de novos filósofos acaban de chegar á terra. Rondan e merodean a nosa sociedade, estánnos a observar, case sen ser vistos... Tan só en ocasións especiais aparecen, amósanse, déixanse ver, teñen algo que dicir, e que facer. Traen unha nova-nova que pretende romper o noso concepto sobre eles, desempolvar a súa verdade, facer anacos o acontecemento. Preparádevos, irmaos! Nunca a filosofía rexurdiu entre tanto alboroto de tanto silencio. Se agora o fai é porque algo pasa...

    Aquí podes descargar xustificación do proxecto

    "Houbo (Hegel, Sartre) a filosofía-novela; houba a filosofía-meditación (Descartes-Heidegger). Velaquí, despois de Zaratustra, o retorno da filosofía-teatro. En absoluto reflexión sobre o teatro; en absoluto teatro cargado de significacións. Senón unha filosofía convertida en escena, personaxes, signos, repetición dun acontecemento único e que non se reproduce xamáis" Michel Foucault, Ariadna colgouse.

  • VJ Historia do Cinema

    ''para unha pedagoxía da imaxe cinematográfica'' son dúas sesións de VJ cinema nas que misturamos en directo imaxes-fragmentos de Historia do cinema e producimos discurso (en off) sobre as mesmas. Na procura das resonancias que nos fagan ver con perspectiva o acontecemento da pantalla. Analizamos as imaxes, o seu réxime e os seus signos, o seu con-texto creativo, seguindo sobre todo os textos Imaxe-movemento e Imaxe-tempo de Gilles Deleuze. Outras influencias clave: Artaud, Godard, Zizek, os propios cineastas cos que traballamos e comentamos; o noso propio visionado, a súa relación coa historia. O taller termina abrindo un coloquio entre os asistentes cun espazo de edición e consulta web cos enlaces dos fragmentos proxectados e outros. Dossier con máis información.

    VJ Historia do Cinema from man_hauser ii on Vimeo.

  • tar0t esquizoanAlise

    O proxecto que presentamos chámase ''tar0t esquizoan4lise - Laboratorio hermético de performance''; mais podería ter moitos outros títulos. E isto é así porque inclúe ou integra multitude de perspectivas ou liñas que atravesan a investigación, por atoparse, seguramente, nun territorio común, compartido por diferentes disciplinas, na interdisciplinariedade e transversalidade de intereses. Así, podería terse chamado: cámara branca de revelados, clínica esquizoanalítica, aula de Filosofía-Teatro, stream-lab, máquina de produción desexante, programática para corpo(s) sen órganos... EsquizoanAlise tar0t é un módulo de investigación performática para universidades, centros de arte, estudantes, bailarín@s, actores a medio camiño entre o institucional e o espectáculo.

    ''tar0t esquizoan4lise'' é unha cámara branca de revelados que muta os arquetipos do inconsciente en pautas de acción e mecanismos interactivos. É un espazo escénico pechado (entre Hermético e Hermenéutico) que conecta co público a través de cámaras en retransmisión streaming. É unha investigación ao mesmo tempo que un resultado. É unha viaxe irreversíbel dende a Inocencia do Tolo (1ª carta) até o Todo do Mundo (último arcano). É unha máquina de produción desexante, unha programática para corpos sen órganos, contraefectúa a mirada do público sobre o actor, é unha clínica da razón inconsciente e seu plan de consistencia correspondente.

    fliermais infomais info

     

     

     

     

     

     

  • dEUS EX MACHINA

    Un Media-Lab sobre o texto As paixóns do alma de R. Descartes. Unha cámara branca. En conexión streaming. Con cámaras como ollos, testemuñas do que acontece. Os buracos da subxectividade e a perspectiva. Un laboratorio das paixóns, vén sendo: un laboratorio das subxectividades; e polo tanto, do modo en que estamos suxeitos, desexamos. Mais sempre tratando de deconstruir a idea dun suxeito desas subxectividades ou deses desexos. A subxectividade como emprazamento e baleiro vs. persona; identidade. Un Media-Lab no que non caracterizamos/tematizamos as paixóns, mais que a base de fuxir delas: de non lograr establecernos nas mesmas, na súa tipificación. Contra o intento cartesiano de facer unha matemática/mecánica das paixóns e os seus afectos, dEUX EX MACHINA céntrase na virtualidade do non-mecánico, do trans-mecánico, do extra-mecánico. Quizais o verdadeiro laboratorio moderno sería un laboratorio destas subxecitivdades larvarias, incipientes, implícitas; en vez do Laboratorio da obxectividade ao que deu resultado a Ciencia Moderna.

    dEUS EX MACHINA é un proxecto en preparación para IES a modo de Media Lab e conexión streaming seguindo en moi grande medida a metodoloxía obtida e desenvolta en ESQUIZOANÁLISE TAR0T.

  • A caverna de Platón

    A CAVERNA DE PLATÓN é un proxecto de FILOSOFÍA-TEATRO seguindo as teses de Gilles Deleuze, Artaud... entre outros e integrando técnicas de teatro e danza contemporánea para a concepción e execución do mesmo. Sen embargo, tampouco deixamos de atender aos obxectivos curriculares de bacharelato para quen vai dirixida a peza. Unha unidade didáctica escénica, performática e contemporánea, con caderno dixital e foro posterior co@s alumn@s. O proxecto o desenvolvemos un pequeno equipo de profesionais residentes en Galiza vinculad@s ás artes escénicas e visuais dende diferentes perspectivas: a danza, a iluminación, a filosofía, o teatro.

    A CAVERNA DE PLATÓN IES do Castro from man_hauser ii on Vimeo.

     

    Platón érguese da súa tumba máis de dous mil anos despois de morto e atópase ante un gran pesadelo. A caverna que el mesmo describiu como exemplo do peor e máis decadente do ser humano tense realizado e consumado no aparato do televisor... Amigos! tras máis de vintecinco séculos de historia, de novo, ante nós, máis real que nunca... A caverna de Platón!!

    cartaztecnicovideos
  • quen somos?

    teatro RESOANTE é un grupo interdisciplinar de colaborador@s que innovan/investigan en diferentes ámbitos da cultura contemporánea e conflúen neste proxecto de Artes Performáticas: escénicas e visuáis.

  • C0MP0ST3L4 !! tecnologia do espírito

    C0MP0ST3L4!! tecnologia do espírito é um performance baseado no texto do filósofo Hegel (Fenomenologia do Espírito) e adaptado para o contexto da cidade de Compostela, Meca de peregrinação, superação e espiritualidade ocidental e européia. Como poder entender esta espiritualidade "de outro modo"? como entender a sua potência à margem dos arranjos e apropriação cristãs e católicas que nele acontecem? Não há acaso um caminho pagã, pré-histórica até mesmo, ancestral de ligação com a costa da morte, os petróglifos e outra série de práticas e conhecimentos? Não são todas estas tecnologias cognitivas sobre as quais os rituais ortodoxos vertem uma laje castrador?

Newsflash