Login Form



Translator



Fenomenoloxía & Tecnoloxía | correspondencias PDF Print E-mail
xeral - C0MP0ST3L4 !! tecnologia do espírito

Algunhas notas destacábeis:

  • o que en Hegel era SER -> ESENCIA -> CONCEPTO agora pasa a SER -> CóDIGO FONTE -> OPENFRAMEWORKS, xa que propiamente non hai esencias na natureza nin na historia senón máis ben datos, formas de obtelos, capas máis profundas, máis preto da(s) fonte(s) que as xeran. Os datos do código fonte son os que nos dan o concreto, equivalente ao segundo momento da dialéctica hegeliana; tendo como resultado tamén algo "artificial", convido, como é o concepto, mais agora puxemos OpenFrameWorks (ou en xeral un outro linguaxe de programación interactiva) nos que as etiquetas universalizan funcións (ao modo dos conceptos na sintaxe gramatical) das variábeis obtidas como datos.
  • ELECTRICIDADE -> DIXITALIZACIÓN -> VIRTUALIDADE: todo un reto para entender dun outro modo a Filosofía da Natureza hegeliana e por extensión Romanticista. Xa non é a sucesión MECÁNICA -> FÍSICA -> ORGÁNICA (co prexuizo organicista tan característico do S.XIX) senón evolución/inclusión das formas de entender e relacionarse coa natureza novas, e sobre todo, quizais neutralizadas. O problema do organicismo é que pon como axioma a vida, fronte á non-vida, como senón houbera actividade no molecular, nas relacións cuánticas entre átomos que conforman grados máis precarios da materia; e como se iso non estivese en conexión coa vida. Pola contra partindo da electricidade e ddo voltaxe comop fenómeno universal (todo ten unha carga eléctrica, igual que unha resistencia, dende unha rocha a un organismo) neutralizamos o dualismo vida/non-vida na natureza e nos diriximos a súa posíbel dixitalización e virtualización finalmente como paradigma do que non se reduce ao mecánico, como interfaz de real/imaxinario.
  • Sumamente suxerente é tamén a tradución do espírito ético (DEREITO -> MORAL -> ETICIDADE) nos conceptos e prácticas hackers do software libre, a sociedade do coñecemento e a cultura dixital en xeral. Así: o DO IT YOURSELF como dereito, que como deber moral publiques en OPEN SOURCE E COPYLEFT para finalmente acceder a unha sociedade da información en TEMPO REAL reflicten un paralismo de graos nas concepcións ao tempo que un marxe de replantexamento e diferenza.
  • Por último, as técnicas de VIDEOVIXILANCIA e en xeral as WEBCAMS e SENSORES cambian a sensación, a percepción de nós mesmas así como a noción de autoconciencia e Espírito.

 

 

Newsflash