Login Form



Translator



A caverna, José Saramago PDF Print E-mail
xeral - A caverna de Platón
Saramago, J. La caverna: Xa propiamente no terreo da literatura Saramago válese da imaxe platónica para pechar o que deu en chamar unha “trioloxía involutaria” de tres novelas que se conectan polo fío común de que en todas se perde algo. Na primeira a personaxe principal perde a vista, na segunda o nome, e nesta terceira, A caverna, a personaxe xunto coa súa familia, perde o traballo. Tratábase dun traballo artesanal co barro que o home facía coas mans e que coa chegada dunha nova industria á cidade, as pezas se producen en serie nun centro comercial ao que acude toda a xente que deste xeito lle deixa de mercar. Saramago fai unha crítica en xeral ao sistema occidental no que nos pechamos en discotecas, en cines, en centros comerciais, e xa non apreciamos o valor e a orixinalidade das cousas feitas na exclusividade do proceso artesán. O ser humano mesmo vese privado do valor que ten o seu facer transformativo ante a natureza, vese privado do valor daquelo que precisamente el pode, e queda deste xeito dominado por obxectos que lle son estraños e lle posúen en grande medida. Vemos neste caso como tamén o relato da caverna é paradigmático para comprender o proceso da cultura, o emprego que facemos os seres humanos do lume xunto co illamento que este provoca cara o ser ou luz natural das cousas.
 

Newsflash