Login Form



Translator



Doutrina de Platón da verdade, Martin Heidegger PDF Print E-mail
xeral - A caverna de Platón
Heidegger, M. Doctrina de Platón acerca de la verdad: Destaca a importancia da alegoría da caverna platónica para a comprensión que hoxe en día temos da verdade. A verdade en tanto que desocultamento exponse por primeira vez na alegoría da caverna, ao diferenciarse nela a división en pisos ou estancias nos que hai un diferente darse das cousas a súa verdade. Todo proceso de humanización, de antropoloxización, no senso de ser un proceso de perfeccionamento e de excelsitude da cultura, adquire nesta alegoría unha síntese paradigmática. A posición do lume dentro da caverna; a estancia das sombras na que as cousas dánsenos inmediatamente; a estancia, por outra banda, do afora; a diferencia entre o lume que controlamos os seres humanos e o sol que brilla por si mesmo e fai a visibilidade das cousas... Son estes elementos paradigmáticos deste proceso no que segundo Heidegger dásenos unha nova concepción da verdade segundo a diferencia das estancias (diferencia ontolóxica). Mais Heidegger insiste na importancia dos tránsitos nesta alegoría. Estes son dous, aínda que a menudo acostumamos a ver só o primeiro. Trátase dun ir da escuridade á luz mais tamén dun voltar da luz cara escuridade de novo. Ambos caracterízanse por un esforzo da mirada que ten facerse á luz primeiro e despois á escuridade. É dicir, o relato platónico non remata na descrición das estancias, nin na estancia do afora. O propio do relato é narrar os tránsitos, o xeito que teñen de vincularse, o proceso da paideia, a educación ou pedagoxía, o xeito preciso en que os ollos se acostuman á luz. É tarefa nosa, do noso presente, di Heidegger, recoñecer este proceso, de onde xurde o desocultamento das cousas que se deixan ver á luz do día, á claridade, antes que fixarnos no xeito polo que a tradición tratou de suxeitar este proceso a unha idea.
 

Newsflash