Login Form



Translator



Lecturas dun mito filosófico, Emilio Lledó PDF Print E-mail
xeral - A caverna de Platón
Lledó, E. Lecturas de un mito filosófico, en Resurgimiento nº1, 1980: O mito da caverna conforma un campo semántico de diferentes interpretacións ou lecturas: antropolóxica, ética, pedagóxica, social, psiqueanálítica, televisiva, política, tráxica.... Destaca a antropolóxica: hai diferentes perspectivas e funcións dentro da caverna, incluso algunhas implícitas no relato, mais ningunha delas posúe a visión de todo o acontecer e por ningunha delas pódese substituír o acontecer polo sabido; a alegoría da caverna introdúcenos deste xeito no mesmo que nos está a contar ao obrigarnos a manter unha atención tamén “atada” á imaxe que se propón. Nesto consiste en grande medida a hermenéutica: a apertura ao texto a través da memoria e da comprensión (aquelo que nos diferencia da nosa determinación animal...). Fai unha lectura epistemolóxica do mito mais por ser a clásica non lle dedica moito tempo. Destaca a ética: o impulso da philía que fai ao liberto volver a caverna. Parece que o coñecemento non serve senón para compartir, para empregalo na ampliación de horizontes comúns. Por iso o liberto volve. Unha lectura social nos di que quen nos impide chegar á luz do afora, máis que a doenza desta luz (epistemoloxía) nos ollos, son os obstáculos e riscos sociais que esta aventura supón. A lectura televisiva é clara e aínda que grave e terrorífica, non vale de nada contra ela o discurso... A lectura tráxica sería o pensar que non cabe un afora e estamos condenados a un vivir na escuridade... Mais Lledó decántase finalmente por unha afirmación da liberdade, da posibilidade de desfacernos das cadeas: sempre haberá un sol agardando por un liberto, nos di, mentres perduremos e coidemos esa capacidade nosa, do ser humano, que é o pensar, o proxecto e a memoria, o arma sutil da educación, a nosa paideia... nunha época (1980) na que Lledó xa teme, por outra banda, unha galopante deflación dos cerebros.
 

Newsflash