Login Form



Translator



Ojos de murciélago. Vidas na caverna global, Víctor Gómez Pin PDF Print E-mail
xeral - A caverna de Platón
Gómez Pin, V. Ojos de murciélago, vidas en la caverna global: fai un alegato contra a vulgarización dunha cultura que mediante a televisión, a prensa, os deportes, os animais de compaña, etc. renuncia á posibilidade mesma da cultura. Non se trata de que todos sexamos eruditos, mais é característico da nosa contemporaneidade o estar pechados, a priori, a todo entendemento da diferencia, a todo diferenciarse do dado, a toda dignificación da nosa existencia. O ser humano, seguindo a Aristóteles, é un ser que ansía o saber, e tal cousa é a que o define. Se negamos esta tendencia, este éxtase que nos constitúe, non só non avanzamos nada dende os gregos, senón que nos quedamos aínda antes, máis embrutecidos, nos negamos a nós mesmos. Partindo pois do relato da caverna platónico, Gómez Pin estende a súa análise á condición xeral do ser humano en tanto que ser que tende á luz, a diferencia dos morcegos, teríamos que estar acostumados á claridade. Para o filósofo a globalidade contemporánea, está expandindo a negación das nosas capacidades e potencias, renunciamos incluso ao arte e á ciencia que cada vez máis míranse como disciplinas inaccesibles ás que custa demasiado esforzo o achegarse, mentres que non nos decatamos que non é senón ese esforzo, precisamente, o que nos une e o posibilita todo o demais. Deste xeito, a comunicación que nos aporta o televisor non é máis que un anestésico para o que chega da oficina e senta canso e febril na butaca, desparrámase nela, e conténtase con reafirmarse no que nega e non soporta, conténtase con ter un lugar, un espacio onde resentirse... do que resulta unha visión verdadeiramente terrible da nosa situación.
 

Newsflash