Login Form



Translator



concepto xustiza PDF Print E-mail
xeral - A caverna de Platón
A xustiza é o concepto platónico resolutivo. Integra as dúas dimensións principais de toda filosofía: a interna (gnoseoloxía, antropoloxía) e a externa (ética, política). A xustiza é tanto xustiza do ser humano consigo ao adquirir claridade respecto ao dominio da caverna; e xustiza tamén é a resolución armónica entre a ética e a política, entre o que cada un debe facer e o que debe recibir dos demais, do todo, do conxunto, da polis. Nesta resonancia de fins, a procura do ben individual é ben para os demais; e tamén viceversa, o ben para os demais é ben para un mesmo. Só podemos entender a plenitude, o desenvolvemento pleno das nosas capacidades a través do que a cidade nos dá; é natural ao ser humano atoparse en sociedade, dentro da polis. Que esta polis sexa unha caverna de sombras ou que estea aberta á luz e á claridade do conxunto, que estea aberta ao seu fortalecemento e resonancia, é algo que xa depende de nós, de todos e de cada un. O que non se pode pensar é que por si mesmo, satisfacendo cada un illadamente, as súas necesidades e desexos, poidamos chegar sequera, á felicidade individual. A felicidade pasa porque a cidade sexa feliz e harmónica, doutro xeito é imposible, aínda que o poda parecer en principio.

O capitalismo e o consumismo contemporáneo ofrécennos en grande medida o contrario. Neste senso somos impudicamente antiplatónicos: supoñemos unha privacidade inviolable sobre a que sustentamos non só o noso dereito senón tamén a satisfacción dos nosos desexos e impulsos máis íntimos nun mercado que-todo-parece-poder-satisfacer, que seduce deste xeito, continuamente ao individuo. Xustiza platónica é pola contra horizonte onde se fusionan ben común e particular; na resonancia dos mesmos, nesa fusión, xurde a xustiza, a harmonía e a saúde. É entón ante ese brillo que sabemos que podemos continuar, que a terra dará os seus froitos...

xustiza = brillo + esplendor + resolución
 

Newsflash