Login Form



Translator



concepto dialéctica PDF Print E-mail
xeral - A caverna de Platón
Como saír da caverna? Non é doado. A luz en seguida céganos os ollos e entréganos de novo á escuridade. É dicir, aínda sendo conscientes da luz a súa forza e univocidade pode cegarnos, arrastrarnos e fanatizarnos nunha actitude irreflexiva, dogmática, nada racional, nada xusta, nada boa. Así temos fenómenos varios deste tipo na nosa contemporaneidade global: fenómenos de sectas e xente que se inmola e sacrifica en virtude dunha ideoloxía, contra o seu propio ben, seguindo causas apocalípticas, destructivas, nihilistas... É en certo senso a obxección que Platón ponlle a Parménides: non pode dicir máis do ser que que é, e queda polo mesmo estático, non devén no proceso de aprehensión, a pedagoxía.

Mais tamén existe na nosa contemporaneidade un antiplatonismo extremo, a continua sospeita, excesiva, a desconfianza extrema, o temor e o terror, o pánico e a susceptibilidade, o illamento a causa disto, a procura de seguridade e máis seguridade, impedindo deste xeito que penetren, a través das xanelas, eses precisos e intensos raios de luz, de sol, de afora, de esperanza que renovan o noso coñecemento.

Antiplatonismo excesivo é estado de terror perpetuo, inseguridade continua, presuposta, que teme ás súas propias sombras, status quo. Temos que recoñecer a potencia da verdade, a existencia dunha certa univocidade para a consistencia do todo, a orientación do todo, o sentido. O instante ten unha apertura única a través da cal habemos de recoñecer o que sae afora do proceso, o que hai de extra ao mecánico, ao simplemente dado: o que xurde, o que emerxe, a creatividade, a verdade, a esperanza. A dialéctica é un proceso de luz e sombras, non é afirmación e imposición idealista sen máis, é ganancia do mesmo a través da diferencia.
imaxe de dialéctica extraída da curtametraxe A caverna de Platón. dialéctica = luz + sombras.
 

Newsflash