Login Form



Translator



concepto idea PDF Print E-mail
xeral - A caverna de Platón
A revolución industrial pon en cuestión o concepto de idea. Se podemos producir unha serie de obxectos segundo un arquetipo ou modelo que nós mesmos creamos, que sentido ten falar dun ser orixinario das cousas segundo a lóxica da natureza? Non nos dá máis ben a natureza o contrario, é dicir, pura materia sen forma nin esencia para que nós fagamos o que queiramos con ela? Non nos leva o platonismo enganando por isto dende hai tempo? Mais as consecuencias desta aparente omnipotencia ontolóxica do ser humano son por outra banda nefastas. Entre elas destacamos: 1. crecemento excesivo do mundo dos obxectos pola comodidade que estes nos proporcionan; 2. homoxeneización do noso mundo entorno que se enche de obxectos repetidos en serie; 3. perda das calidades orixinarias destes obxectos que esgotan a riqueza da súa natureza.

En sectores como o da alimentación ponse en perigo a base da nosa sustentabilidade: o principio nutricional vén dado pola variedade diferencial dos alimentos que medran en condicións adversas. Sabemos que non é o mesmo a carne dun porco ou un polo criados en liberdade, ante os perigos que afrontan, no espacio que teñen para correr, moverse e realizarse, que a carne de animais criados mecanicamente tan só para engordar en espacios reducidos. Os seus músculos, as súas fibras, son diferentes, nutricionalmente. O mesmo pode pasar cunha mazá, un repolo, unha fresa silvestre, os froitos dunha nogueira, unha castaña... O concepto de idea platónico rexurde na nosa contemporaneidade industrial ante a sospeita de se non estaremos a comer unha materia homoxénea e informe (materia da que non dispón nin o Demiurgo e que nega despois Aristóteles) mentres a riqueza propia das cousas queda suposta na proxección da súa sombra, na imaxe coa que se nos presenta espectacularmente na pantalla, na caverna, no envoltorio.
 

Newsflash